Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Próximo Oriente +Oriente Próximo)
Liña 121:
[[Ficheiro:HouseAltar-AkhenatenNefertitiAndThreeOfTheirDaughters.png|miniatura|Akhenatón e familia recibindo vida dos raios de Atón.]]
 
Ao redor de 1350 a.C., a estabilidade do Imperio parecía ameazado, aínda máis cando [[Akhenatón|Amenhotep IV]] ascendeu ao trono e instituíu unha serie de reformas radicais, que tiveron resultado caótico. Cambiando o seu nome polo de [[Akhenatón]], promocionó a ata entón escura deidade solar [[Atón]] como a deidade suprema, iniciando unha reforma relixiosa tendente ao [[monoteísmo]]. En parte, o monoteísmo de Akhenatón foi un produto abortado do absolutismo real; os vellos deuses desapareceran, pero o rei mantiña -para o seu propio beneficio político- o seu papel tradicional como mediador entre os homes e os desexos do novo deus. O faraón suprimiu o culto á maioría das demais deidades e atacou o poder do templo que fora dominado polos sacerdotes<ref>Aldred (1988) páx. 259</ref> de Amón en [[Tebas, Exipto|Tebas]], a quen vía como corruptos. Ao mover a capital á nova cidade de Akhet-Atón (actual Amarna), Akhenatón fixo oídos xordos aos acontecementos no Próximo Oriente Próximo (onde os hititas, Mitanni e os asirios disputábanse o control) e concentrouse unicamente na nova relixión. A nova filosofía relixiosa implicou un novo estilo artístico, que resaltaba a humanidade do rei por encima da monumentalidade.
 
Logo da súa morte, o culto de Atón foi abandonado rápidamente,<ref name="Akhenaton">{{cita web|autor =Guerrero, Teresa |ano = |url =http://egipto.com/akhenaton/doc/web1.html|título =Unha nova orde relixiosa |obra = |dataacceso= 23 de outubro de 2008 | lingua = castelán}}</ref> os sacerdotes de Amón pronto recuperaron o poder e devolveron a capital a Tebas. Baixo a súa influencia os faraóns posteriores -[[Tutankhamon]], [[Ay]] e [[Horemheb]]- intentaron borrar toda mención da herexía de [[Akhenatón]], agora coñecido como o [[Período amarniense|Período de Amarna]].<ref>Cline (2001) páx. 273</ref>