Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 61:
Desde Roma trasladouse a [[Florencia]], onde coñeceu a [[Lourenzo de Medici]], fillo do [[Gran Ducado de Toscana|gran duque de Toscana]], [[Fernando I de Médici]], gran apaixonado da arte e xeneroso [[Mecenado|mecenas]]. Probablemente pintou un retrato del, que logo houbo de perderse.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=17}}</ref> De camiño a [[Venecia]], detívose en [[Bolonia]] e en [[Parma]], onde admirou os frescos de [[Antonio Allegri da Correggio|Correggio]]. Chegou finalmente a [[Venecia]], onde pasou o inverno de [[1622]]. Na cidade das lagoas, patria dun dos seus artistas favoritos, Tiziano, foi guiado na visita das grandes obras venecianas polo sobriño de Tiziano, [[Cesare Vecellio]].{{Harvnp|Brown|1999|p=22}} Anton puido finalmente coroar o seu soño, ver e analizar as obras de Tiziano e de [[Paolo Veronese]]: no seu ''Caderno italiano'' atópanse deseños de obras de [[Giorgione]], [[Rafael]], [[Guercino]], [[Aníbal Carracci]], [[Giovanni Bellini]], [[Tintoretto]], [[Leonardo da Vinci|Leonardo]], pero prevalecen as de Tiziano, a quen dedica 200 páxinas.{{Harvnp|Brown|1999|p=22}}
 
Foi en Italia onde creou un estilo refinado e elegante que caracterizou a súa obra durante toda a súa vida, así como un tipo de retrato «inmortal» no que os [[nobres]] son captados con porte orgulloso e figura esvelta. Este tipo de retrato converteuse en modelo para a pintura occidental, sobre todo en Inglaterra onde [[Thomas Gainsborough]] tomouno como fonte de inspiración.<ref>{{Cita web|url=https://www.artble.com/artists/anthony_van_dyck/more_information/style_and_technique|título=Anthony van Dyck Style and Technique|lingua=en}}</ref>
 
Desde Venecia pasou a [[Mantua]], onde foi introducido na corte dos [[Familia Gonzaga|Gonzaga]]. Aquí coñeceu a [[Fernando Gonzaga]] e a [[Vincenzo II Gonzaga]], que fora protector de Rubens. Coa súa permanencia en Mantua, van Dyck tivo ocasión de ver a [[Colección Gonzaga|colección dos duques]] antes de que se perdese, vendida entre varios coleccionistas como [[Carlos I de Inglaterra]]. En [[1623]] estivo de novo en Roma, cidade na que rexeitara manter contacto coa asociación local de pintores flamengos, lonxe do estilo académico, que conducían unha vida simple e non de ostentación como a súa.<ref>A ''Schildersbent'', 'banda de pintores', constituíuse entre [[1621]] e [[1623]]: os pintores que formaban parte dela eran na súa maioría paisaxistas e seguidores de [[Caravaggio]]. (Bodart, ''Van Dyck'', 1997, p. 18).</ref>