Pentateuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Levítico: Arranxos varios
Liña 15:
A segunda parte do libro trata dos patriarcas, xefes de clans nómades que recorrían o que hoxe é Oriente Medio. Comeza por [[Abraám]], chamado por Deus de [[Ur]] de [[Caldea]] para que sexa pai dun gran pobo. O relato narra a alianza de Deus con Abraám, a historia da súa descendencia, cos seus fillos [[Ismael]] pai dos [[ismaelitas]], é dicir, os [[Arabia|árabes]]; e Isaac; a súa relación co seu sobriño [[Lot]] e o relato derivado sobre o pecado e castigo de [[Sodoma]] e [[Gomorra]], e o sacrificio de Isaac.
 
Isaac colle despois o protagonismo, el e mailos seus fillos [[Esaú]] e [[Xacob]], o enfrontamento entre estes polos dereitos de [[primoxenitura]], que implicaba herdar todo, tanto bens materiais como dereitos de primacía no clan, e a súa posterior reconciliación. De Xacob escoitamos o relato das súas viaxes, os seus matrimonios e os seus doce fillos, os pais das doce tribos de Israel.
 
O seu penúltimo fillo [[Xosé]], é protagonista do final do libro. As súas visións, a envexa dos seus irmáns, a súa venta como escravo ao ministro do Faraón. O seu posterior ascenso ao goberno de [[Exipto]] e como axuda aos seus irmáns. O libro remata co establecemento de Xacob e os seus doce fillos en Exipto.