Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 46:
En outubro de [[1620]], cando tiña vinte e un anos, van Dyck trasladouse a [[Londres]], á corte do [[Lista de monarcas ingleses|rei de Inglaterra]], [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe I]].<ref name=museodoprado/> Convenceuno de ir a [[Inglaterra]] a insistencia de [[George Villiers, I duque de Buckingham]] e [[Thomas Howard, XXI conde de Arundel]]. Este último era un gran apaixonado da arte, amigo de Rubens e protector do arquitecto [[Iñigo Jones]]. Durante a estadía en Londres, van Dyck obtivo de Xacobe I unha pensión anual de 100 [[libra esterlina|libras esterlinas]] pero non logrou ser presentado ao rei. Con todo, ó pouco tempo o conde de Arundel concedeulle un permiso de viaxe ao estranxeiro por oito meses, aínda que van Dyck non volveu en once anos. As obras realizadas por van Dyck durante esta primeira estancia en Inglaterra son moi diferentes das que fixera ata entón en [[Condado de Flandres|Flandres]]. En [[Antuerpen]], reconvertida había pouco tempo ao [[Igrexa católica|catolicismo]], Anton tiña a posibilidade de realizar soamente teas con carácter relixioso ou retratos. En cambio, en Londres gozaba de maior liberdade, sexa na execución das pinturas, sexa na elección do tema por representar. No cadro ''Sir George Villiers, futuro duque de Buckingham, e a súa muller, Lady Katherine, como Venus e Adonis'', por exemplo, van Dyck representa aos noivos como xamais o fixo: a tea ten un carácter alegórico, cun gusto tipicamente pastoral, inspirado en [[Tiziano]], e os dous personaxes son representados semiespidos e a tamaño natural.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=12-13}}</ref> Outras pinturas coñecidas do período son ''A continencia de Escipión'' e un retrato do conde de Arundel ([[Os Ánxeles]], [[The Getty Center|Museo J. Paul Getty]]).
 
Ao volver a Antuerpen, quedou alí ao redor de oito meses; neste período, no que Rubens se atopaba lonxe, pintou algúns dos seus retratos máis brillantes e innovadores, como o ''Retrato de Isabel Brant'', primeira muller de Rubens,<ref>{{Cita libro|autor=Rynck, Patrick de|páxinas= 252-253|título=Cómo leer la pintura. Anton van Dyck, «Retrato de Isabella Brant»|ano= [[2005]]|editoral=Grupo Editorial Random House Mondadori, S.L.|isbn=84-8156-388-9}}{{es}}</ref> e o ''[[Retrato de Frans Snyders e da súa muller Margarita de Vos]]''. Aínda que en certo xeito Rubens e van Dyck rivalizaban por conseguir os mellores encargos, mantiveron a súa amizade, cando van Dyck comunicou a súa decisión de partir a Italia, Rubens regaloulle un cabalo para a viaxe e deixoulle numerosas cartas de presentación para pintores e mecenas.
 
=== Italia ===