Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 39:
O pai de Anton, Francisco, casou en segundas nupcias, en 1590, con Maria Cuypers. Do matrimonio con esta muller, tivo 12 fillos, dos que Anton foi o sétimo.<ref name="ReferenceA">{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=6}}</ref> Dado o crecemento da familia, os van Dyck decidiron adquirir unha casa nova, espazosa e luxosamente amoblada, ''De Stadt van Ghendt'', que incluía algo desusado para a época, un baño.
 
Anton mostrou rapidamente o seu talento e é considerado un ''[[Neno prodixio|neno xenio]]''. Foi enviado, no ano 1609, ao taller dun dos mellores pintores da cidade, [[Hendrick van Balen]],<ref name=museodoprado>{{Cita web|url=https://www.museodelprado.es/aprende/enciclopedia/voz/dyck-antonio-van/64867547-2b7b-485f-b11b-deafe723f75c |título=Dyck, Antonio van |editor=Museo do Prado |autor=Christopher Brown |dataacceso= 11 de marzo do 2017}}</ref> decano da ''[[Gremio de San Lucas|Sint-Lucasgilde]]'' (Gilda ou Gremio de San Lucas), co fin de que aprendese os rudimentos da pintura e adquirise experiencia. A súa primeira pintura datada é destes anos e é o ''Retrato dun home de setenta anos'', de 1613, no que son evidentes os ensinos de Van Balen. Con todo, ben pronto e con só 16 anos, abriu un taller persoal, xunto ao xove amigo [[Jan Brueghel o Novo]], con quen abandonou a escola do mestre. Nestes anos, como lembra o mesmo Brueghel, Anton recibiu o encargo de executar unha serie de pinturas que representasen ''Os doce apóstolos'' e un ''Sileno ebrio''.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Brown|1999|p=38–39}}</ref> Deste período é sen dúbida tamén o autorretrato''[[Autorretrato (van Dyck 1613-14)|Autorretrato]]'' de 1613-1614.
 
A partir de 1618 e ata 1620, van Dyck traballou estreitamente con Rubens, de quen chegou a ser axudante, abandonando o seu taller autónomo.<ref name=museodoprado/> Seguiron meses de colaboración entre os dous: Rubens fala de van Dyck como do seu mellor alumno.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Brown|1999|p=40}}</ref> Tamén tras o 11 de febreiro de 1618, día en que foi admitido no Gremio de San Lucas como «mestre», van Dyck traballou con Rubens na realización de teas como ''Decio Mus despide aos lictores'' ou ''Aquiles entre as fillas de Licómedes'' ([[Museo do Prado]]). No taller de Rubens, xa por entón un pintor coñecido en toda Europa, van Dyck deu a coñecer o seu nome nos ambientes da aristocracia e da rica burguesía e contactou coa cultura clásica e a etiqueta propia da corte.<ref>Rubens fora instruído na corte da condesa de Ligne.</ref> O mozo Anton aprendeu a imitar os modelos do mestre, adoptando moitas das súas características, como é fácil de constatar na pintura ''O emperador Teodosio e san Ambrosio''. En 1620, Rubens asinara un contrato cos xesuítas de Antuerpen para a decoración da súa igrexa, baseada nos deseños do mesmo pero levada a cabo por van Dyck;<ref name=museodoprado/> ademais deste importante encargo, Anton recibiu tamén numerosas peticións de clientes particulares para a realización de retratos. Corresponden a estes anos, pinturas como o ''Retrato de Cornelius van der Geest'' ou ''Maria van der Wouwer-Clarisse''.