Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 128:
 
== O artista e as súas obras ==
A vida de van Dyck é, por varios motivos, comparable á de Rafael: ambos morreron novos e antes de ver un as atrocidades do [[Saqueo de Roma (1527)|saqueo de Roma]] (1527) e o outro as desordes da [[Guerra civil inglesa|guerra civil]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=46}}</ref> Van Dyck morreu antes de ver procesado e decapitado diante do seu [[palacio de Whitehall]] ao seu rei. Trala execución do monarca, seguiu a dispersión da súa colección artística, que contaba con 1.570 pinturas, entre as cales había unha boa cantidade de obras de van Dyck; entre os maiores compradores estivo [[Filipe IV de España]] e o [[cardeal Mazzarino|cardeal Giulio Mazzarino]].
 
Autor de temas [[relixión|relixiosos]] e [[mitoloxía|mitolóxicos]], a súa actividade como gravador alcanzou tamén gran importancia e tivo por logro máis soado a ''Iconografía'', serie de retratos gravados de famosos contemporáneos. El iniciouna gravando algúns ferros cara a 1631, e as demais foron realizadas segundo bosquexos seus por [[Paulus Pontius]], [[Lucas Vorsterman I]], [[Schelte à Bolswert]], [[Jacob Neeffs]] e outros. A serie estaba inacabada á súa morte, aínda que xa se estaba distribuíndo. A primeira edición con portada lanzouse postumamente en 1645. Moitas das matrices orixinais de cobre gárdanse na Calcografía do [[Louvre]].