Gran Premio de Bélxica de 1994: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 58:
Heinz-Harald Frentzen trompeou na nova chicana mentres intentaba pasar a Barrichello, o Jordan loitaba por manterse na posición entre os coches claramente máis rápidos que pasaban.
 
Na 12ª volta, Hill fixo a súa primeira parada en boxes seguido de Coulthard unha volta máis tarde. A orde era entón Schumacher, Barrichello, Coulthard e Hill. Na volta 19, Schumacher fixo un trompo pero mantivo a vantaxe. Barrichello saíuse da pista e retirouse. Na volta 37 Coulthard deixou a Hill no segundo lugar. Coulthard tivo que facer unha parada adicional para revisar a á do auto. Logo de regresar á pista, tivo problemas coa caixa de cambios e golpeou a Blundell por detrás, o que provocou que o piloto de Tyrrell trompeara. Michael Schumacher cruzou a liña de meta en primeiro lugar, por diante de Hill, Häkkinen, Verstappen, Coulthard e Blundell. Logo da carreira, o alemán foi desposuído da súa vitoria debido ao desgaste excesivo no patín do seu Benetton (a [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 # Cambios técnicos | táboa de madeira obligatoriaobrigatoria]] presentada en [[Gran Premio de Alemaña de 1994| Alemaña]])<ref>''[http://www.grandprix.com/gpe/rr559.html "GP Encyclopedia" : Belgian GP 1994"]'' GrandPrix.com. Retrieved 7 de xuño de 2008</ref> Ista indicaba que a altura do automóbil era demasiado baixa, e polo tanto, unha vantaxe aerodinámica ilegal. A reclamación do equipo Benetton de que Schumacher fixera unha volta completa sobre os bordos na volta 19 foi rexeitado polos comisarios debido ao patrón de desgaste. Damon Hill logrou polo tanto a vitoria.
 
== Clasificación ==