Miguel Solís: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
 
En [[1842]] ingresou no corpo do Estado Maior, sendo destinado a [[Donostia]], onde se atopa cando estalou o pronunciamento de [[1843]], pero sendo contrario á sublevación, regresou a Madrid. En [[1845]] foi destinado á [[A Coruña|Coruña]] como primeiro comandante, accedendo ó Estado Maior da [[Capitanía Xeneral de Galicia]], cuxo titular era Puig Samper, que posteriormente sería relevado por Villalonga. Na Coruña frecuentou os círculos próximos a Doña [[Juana de Vega]], condesa de Espoz y Mina, uníndose á conspiración dos liberais.
=== Revolución de 1846 ===
 
{{Artigo principal|Revolución de 1846}}
Miguel Solís encabezou un levantamento liberal en [[1846]], ó mando do Segundo Rexemento de [[Zamora]], que se iniciou en [[Lugo]] o [[2 de abril]], xa que rexeitara facelo na Coruña para evitar ter que ser o que tivera que arrestar ó xeneral Puig Samper, polo que sentía un aprecio persoal. A este pronunciamento sumáronse tropas de [[Santiago de Compostela]], [[Vigo]] e [[Pontevedra]], as destas dúas últimas cidades baixo o mando de [[Leoncio Rubín de Celis]].<ref>[https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/persoeiros/militares/ "Rubín de Celis y Oroña, Leoncio (Redondela, 1810)"]</ref> O día 15 reuníronse en Santiago os presidentes das xuntas locais establecidas pouco atrás para constituír con carácter provisional a Xunta de Goberno de Galicia, da que [[Pío Rodríguez Terrazo]] foi designado presidente e [[Antolín Faraldo]], secretario. Rubín e Solís foron nomeados mariscais de campo, pero a elección de Solís como capitán xeral de Galicia o 22 de abril, co mando supremo sobre todos os exércitos sublevados, provocou que Rubín se retirara da revolta, aínda que segundo algúns autores, e a raíz da súa actuación posterior, é posíbel que xa tivera decidido desvincularse da sublevación.
[[Ficheiro:Igrexa de Paleo.JPG|miniatura|Igrexa de Santo Estevo de Paleo, onde foi fusilado Solís.{{Sfn|Barreiro|2007|p=89}}]]