Unidade de medida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
Os sistemas tradicionais basean as súas unidades de medición de distancia nas dimensións do corpo humano. A [[polgada]] representa o ancho do [[polgar|dedo polgar]], de onde toma o seu nome. O [[Pé (medida)|pé]] representaba orixinalmente a lonxitude dun [[Pé (anatomía)|pé humano]], aínda que esta unidade transformouse co tempo no equivalente a 12 polgadas no sistema anglosaxón. A [[iarda]], doutra banda, representa a lonxitude desde a punta do nariz ata a punta do dedo medio. Unha [[braza]] correspondía á distancia de punta a punta dos dedos medios cos brazos estendidos. Outras unidades eran o [[palmo]] (a lonxitude da palma da man) e o [[Cóbado (unidade de lonxitude)|cóbado]] (aproximadamente a lonxitude do antebrazo).<ref name=RowletCustom>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/custom.html «The English Customary Systems».]</ref> Para distancias maiores, existía a [[milla romana|milla]], unidade de medida creada na [[Roma antiga|antiga Roma]] que equivalía orixinalmente a 2000 pasos dunha [[lexión romana|lexión]]. Sobre a base da milla, os romanos definiron o [[estadio (unidade de lonxitude)|estadio]] de tal forma que oito estadios correspondían a unha milla.<ref name=RowletCustom /> Así mesmo, a [[legua]] na antiga Roma equivalía a aproximadamente unha milla e media.<ref name=RowlettLeague>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictL.html «League».]</ref>
 
Na maioría dos países europeos utilizábanse medidas de [[peso]] baseadas na [[libra (masa)|libra]]. Esta unidade, cuxo nome provén do [[Lingua latina|latín]] ''libra pondo'', dividíase en doce [[onza (masa)| onzas]] (do latín '' uncia'', que significa ‘doceava parte’).<ref name=RowlettPound>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictP.html#pound «pound (lb, lbm, or #)»].</ref><ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictO.html#ounce «ounce (oz or oz av)».]</ref> Con todo, nalgúns países durante a [[Idade Media]] utilizáronse libras que se dividían en 16 onzas. Outra unidade tradicional de peso era o [[gran (unidade de masa)|gran]], que no sistema inglés actual equivale a 64,79891 [[miligramo|mg]]. A partir desta unidade, a libra definíase como 5760 grans nalgúns caso ou como 7000 grans noutros casos. Así mesmo, en xoiería úsase unha unidade chamada [[gran métrico]], que equivale a 0,25 [[ quilate]]s ou 50 mg.<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictG.html#grain «grain (gr)».]</ref> Na Península Ibérica, un [[quintal]] equivalía a 100 libras (o que actualmente serían uns 46 [[quilogramo|kg]]);<ref>Rowlet (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictQ.html#quintal «quintal (q)».]</ref> a cuarta parte dun quintal denominábase unha [[arroba (unidade de masa)|arroba]] (do [[idiomaLingua árabe|árabe]] '' ar rub''', ‘cuarta parte’).<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictA.html#arroba «arroba (@)».]</ref>
 
Os movementos do [[Sol]] e da [[Lúa]] determinaron as unidades tradicionais de [[tempo]]. O movemento aparente do Sol desde a súa saída no horizonte ata a seguinte, a súa posta ata a seguinte ou os sucesivos pasos por un [[meridiano]], dependendo da cultura, definiron o [[día]].<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictD.html#day «day».]</ref> Os [[Imperio babilónico| babilonios]] dividiron o tempo entre a saída e a posta do Sol en doce partes que coñecemos agora como [[hora]]s. Coa invención dos reloxos mecánicos foi posible dividir tamén a noite, polo que actualmente un día completo componse de 24 horas. Unha hora dividiuse en 60 [[minuto]]s e estes, á súa vez, quedaron divididos en 60 [[segundo]]s (con todo, o segundo actual ten unha definición moderna independente da definición do día).<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictH.html#hour hour «(h or hr)».]</ref> Da [[Xudaísmo|relixión xudía]], as nacións [[Cristianismo|cristiás]] e [[Islamismo|musulmás]] herdaron a definición de [[semana]]: un período de sete días.<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictW.html#week «week (wk)».]</ref> Por outra banda, o movemento do Sol observado con respecto ás estrelas afastadas definiu o [[Ano (astronomía)|ano]]. Posto que o período de translación da Terra non é un número enteiro de días, existiu a necesidade de introducir o [[ano bisesto]] no [[calendario xuliano]] e no [[calendario gregoriano]].<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictY.html#year «year (a or y or yr)».]</ref> A partir do ano definíronse unidades máis grandes de tempo como o [[século]] (cen anos) e o [[milenio]] (mil anos). O período de translación da Lúa ao redor da Terra definiu o concepto do [[mes]]. Posto que este período non corresponde a un número enteiro de días, diversas culturas tiveron diferentes definicións de mes. No actual calendario occidental, os meses poden durar 28, 29, 30 ou 31 días, dependendo do caso.<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictM.html#month «month (mo or mon)».]</ref>
 
==Notas==