Unidade de medida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 15:
== Sistemas tradicionais de medidas ==
Os sistemas tradicionais basean as súas unidades de medición de distancia nas dimensións do corpo humano. A [[polgada]] representa o ancho do [[polgar|dedo polgar]], de onde toma o seu nome. O [[Pé (medida)|pé]] representaba orixinalmente a lonxitude dun [[Pé (anatomía)|pé humano]], aínda que esta unidade transformouse co tempo no equivalente a 12 polgadas no sistema anglosaxón. A [[iarda]], doutra banda, representa a lonxitude desde a punta do nariz ata a punta do dedo medio. Unha [[braza]] correspondía á distancia de punta a punta dos dedos medios cos brazos estendidos. Outras unidades eran o [[palmo]] (a lonxitude da palma da man) e o [[Cóbado (unidade de lonxitude)|cóbado]] (aproximadamente a lonxitude do antebrazo).<ref name=RowletCustom>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/custom.html «The English Customary Systems».]</ref> Para distancias maiores, existía a [[milla romana|milla]], unidade de medida creada na [[Roma antiga|antiga Roma]] que equivalía orixinalmente a 2000 pasos dunha [[lexión romana|lexión]]. Sobre a base da milla, os romanos definiron o [[estadio (unidade de lonxitude)|estadio]] de tal forma que oito estadios correspondían a unha milla.<ref name=RowletCustom /> Así mesmo, a [[legua]] na antiga Roma equivalía a aproximadamente unha milla e media.<ref name=RowlettLeague>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictL.html «League».]</ref>
 
Na maioría dos países europeos utilizábanse medidas de [[peso]] baseadas na [[libra (masa)|libra]]. Esta unidade, cuxo nome provén do [[Lingua latina|latín]] ''libra pondo'', dividíase en doce [[onza (masa)| onzas]] (do latín '' uncia'', que significa ‘doceava parte’).<ref name=RowlettPound>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictP.html#pound «pound (lb, lbm, or #)»].</ref><ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictO.html#ounce «ounce (oz or oz av)».]</ref> Con todo, nalgúns países durante a [[Idade Media]] utilizáronse libras que se dividían en 16 onzas. Outra unidade tradicional de peso era o [[gran (unidade de masa)|gran]], que no sistema inglés actual equivale a 64,79891 [[miligramo|mg]]. A partir desta unidade, a libra definíase como 5760 grans nalgúns caso ou como 7000 grans noutros casos. Así mesmo, en xoiería úsase unha unidade chamada [[gran métrico]], que equivale a 0,25 [[ quilate]]s ou 50 mg.<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictG.html#grain «grain (gr)».]</ref> Na Península Ibérica, un [[quintal]] equivalía a 100 libras (o que actualmente serían uns 46 [[quilogramo|kg]]);<ref>Rowlet (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictQ.html#quintal «quintal (q)».]</ref> a cuarta parte dun quintal denominábase unha [[arroba (unidade de masa)|arroba]] (do [[idioma árabe|árabe]] '' ar rub''', ‘cuarta parte’).<ref>Rowlett (2001), [http://www.unc.edu/~rowlett/units/dictA.html#arroba «arroba (@)».]</ref>
 
==Notas==