Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+formato refs
Elisardojm (conversa | contribucións)
ordeno sección
Liña 63:
Foi en Italia onde creou un estilo refinado e elegante que caracterizou a súa obra durante toda a súa vida, así como un tipo de retrato «inmortal» no que os [[nobres]] son captados con porte orgulloso e figura esvelta. Este tipo de retrato converteuse en modelo para a pintura occidental, sobre todo en Inglaterra onde [[Thomas Gainsborough]] tomouno como fonte de inspiración.
 
=== De Mantua a Palermo ===
Desde Venecia pasou a [[Mantua]], onde foi introducido na corte dos [[Familia Gonzaga|Gonzaga]]. Aquí coñeceu a [[Fernando Gonzaga]] e a [[Vincenzo II Gonzaga]], que fora protector de Rubens. Coa súa permanencia en Mantua, van Dyck tivo ocasión de ver a [[Colección Gonzaga|colección dos duques]] antes de que se perdese, vendida entre varios coleccionistas como [[Carlos I de Inglaterra]]. En [[1623]] estivo de novo en Roma, cidade na que rexeitara manter contacto coa asociación local de pintores flamengos, lonxe do estilo académico, que conducían unha vida simple e non de ostentación como a súa.<ref>A ''Schildersbent'', 'banda de pintores', constituíuse entre [[1621]] e [[1623]]: os pintores que formaban parte dela eran na súa maioría paisaxistas e seguidores de [[Caravaggio]]. (Bodart, ''Van Dyck'', 1997, p. 18).</ref>
 
Liña 71 ⟶ 70:
 
[[Ficheiro:Van Dyck, Santa Rosalia incoronata dagli angeli.jpg|miniatura|''Santa Rosalía coroada polos anxos'' (1624-25).]]
Desde Roma pasou a [[Xénova]], deténdose antes en [[Milán]] e en [[Turín]], onde foi recibido polos [[Casa de Savoia|Savoia]].

====En Sicilia====
En abril de [[1624]], [[Emanuele Filiberto de Savoia]], [[Lista de vicerreis de Sicilia|vicerrei de Sicilia]] por encargo do rei de España [[Filipe IV de España|Filipe IV]], convidou a van Dyck a [[Palermo]] para que lle fixese un retrato. Anton acolleu a invitación e trasladouse a Sicilia, onde retratou ao vicerrei, tela que se atopa esposta na [[Dulwich Picture Gallery]] de [[Londres]]. Pouco tempo despois a cidade de Palermo foi atacada por unha terrible epidemia de [[peste]] que matou ao mesmo Emanuele Filiberto. A pesar da epidemia, van Dyck permaneceu na cidade até máis ou menos setembro de 1625.
 
[[Ficheiro:Van Dyck - Madonna del Rosario - Palermo.jpg|miniatura|esquerda|200px|Virxe do Rosario, 1624.]]