Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Rubens e van Dyck: mellora en formato ref
Elisardojm (conversa | contribucións)
+formato refs
Liña 103:
[[Ficheiro:Van dyck tomaso 1634 1635.jpg|miniatura|210px|''[[O príncipe Tomás Francisco de Savoia Carignano]]'', 1634.]]
[[Ficheiro:Anthonis van Dyck - Equestrian Portrait of Charles I - National Gallery, London.jpg|miniatura|210px|''[[Carlos I a cabalo]]'', 1637.]]
En abril de [[1632]], van Dyck chegou por segunda vez a Inglaterra. Acollido con todas as honras, foi presentado ao rei, que coñecera anos antes como [[Príncipe de Gales]], e aloxouse en Londres, na casa de Edward Norgate, escritor de arte, pagado pola coroa.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=38}}</ref> Logo cambiou de residencia para establecerse en [[Blackfriars]], lonxe da influencia da ''[[Worshipful Company of Painter-Stainers]]'', importante organización de pintores londinienses. Nesta gran casa, agasallo do rei, cun xardín sobre o [[río Támese]], recibía aos seus hóspedes e a miúdo realizaba as súas pinturas. Tras poucos meses, o 5 de xullo de 1632, Carlos I conferiulle o título nobiliario de ''[[baronet]]'', nomeándoo membro da [[Orde do Baño]], e garantiulle unha renda anual de 200 [[libra esterlina|libras esterlinas]], ademais de facer oficial o seu nomeamento como [[primeiro pintor da corte]].<ref>Müller{{Cita Hofstede,Harvard ''Vansen Dyck'',parénteses|Müller Hofstede|2004|p. =56.}}</ref> Bellori expresouse da seguinte maneira sobre o período inglés de van Dyck:
 
{{cita|''Contrastava egli con la magnificenza di Parrasio, tenendo servi, carrozze, cavalli, suonatori, musici e buffoni, e con questi trattenimenti dava luogo a tutti li maggiori personaggi, cavalieri e dame, che venivano giornalmente a farsi ritrarre in casa sua. Di più trattenendosi questi, apprestava loro lautissime vivande alla sua tavola, con ispesa di trenta scudi il giorno''.|Bellori, ''Vite de' pittori, scultori e architecti moderni'', 1976<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bellori|1976|p=278}}</ref>}}
Liña 117:
[[Ficheiro:Anthonis van Dyck 012.jpg|miniatura|210px|''A familia Lomellini'', 1623.]]
[[Ficheiro:Anthony van Dyck - Sir Endymion Porter and van Dyck.png|miniatura|210px|''[[Sir Endymion Porter e Anton van Dyck|Retrato do diplomático inglés Endymion Porter e van Dyck]]'', 1635. É a única vez que o pintor se incluíu xunto ao retratado.]]
Ademais de pintar, Anton abría a súa casa á mellor nobreza e entretíñase con músicos e bufóns; ofrecía banquetes, posuía servos, carrozas e cabalos. Un dos máis asiduos da casa de van Dyck era o mesmo rei, que mesmo mandou facer modificacións ao xardín da casa do seu pintor para que puidese chegar alí máis facilmente a través do río.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Müller Hofstede, |2004|p. =59.}}</ref>
Na casa de van Dyck viviu tamén a súa amante, Margarey Lemon, retratada varias veces en representacións alegóricas ou mitolóxicas. Dise que a muller era tan celosa de Anton que unha vez tentou morderlle un dedo da man para impedirlle retratar señoras.<ref>Hofstede, p. 60.</ref>
En 1640 Anton decidiu contraer matrimonio e, xa con 40 anos, casou cunha dama nobre [[Escocia|escocesa]], Mary Ruthven,<ref>{{Cita web|url=http://ta.sandrart.net/en/person/view/2611|título=Ruthven, Mary (Ehefrau von A. van Dyck) |editor=sandrart.net |lingua=de |dataacceso = 20 de decembro do 2017}}</ref> dama de compañía da raíña. Pero a súa única actividade en Londres era a de retratista, mentres el soñaba cun proxecto máis grande, un ciclo pictórico de carácter histórico.<ref name="Brown, p.31">Brown, p. 31.</ref> Iniciara a realización dunha serie de tapices, dedicados á exaltación da antiga [[Orde da Xarreteira]], que non concluíu.
 
Cando en maio de [[1640]] morreu Rubens, ofrecéronlle volver a Antuerpen para dirixir o taller do seu mestre. Mentres estaba por partir, comentáronlle que o [[Lista de monarcas de Francia|rei de Francia]] [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]] estaba a buscar a un artista que decorase as salas principais do Palacio do [[Louvre]]. Era precisamente isto o que van Dyck estaba a esperar desde facía anos; en xaneiro de [[1641]] trasladouse a [[París]], e volveu a Londres en maio. Nesta ocasión pintou o dobre retrato ''[[Retrato de Guillerme II de Nassau-Orange e a princesa María]]'', para celebrar o matrimonio entre os dous príncipes. En outubro dirixiuse a Antuerpen e logo de novo a París, onde recibiu a noticia de que a decoración do Louvre fora confiada a [[Nicolas Poussin]] e a [[Simon Vouet]] e onde foi obrigado a rexeitar a realización do retrato dun cardeal (non se sabe se [[Cardeal Richelieu|Richelieu]] ou [[Cardeal Mazarino|Mazarino]]).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Müller Hofstede, |2004|p. =63.}}</ref>
 
Por motivos de saúde, tivo que volver precipitadamente a Londres. O rei envioulle ao seu médico persoal, a quen ofreceu 300 libras esterlinas se lograba salvarlle a vida ao seu pintor. O 1 de decembro de 1641, a muller de van Dyck deu a luz á súa primeira filla, Justiniana. Algúns días despois Anton fixo testamento a favor da filla, da esposa, das irmás e dunha filla natural que tivera en Antuerpen.<ref name="Brown, p.31" /> O 9 de decembro Anton van Dyck morreu na súa casa de Blackfriars e foi sepultado na presenza da corte na [[Catedral de San Paulo de Londres|Catedral de San Paulo]]. A tumba foi destruída poucos anos despois, xunto coa Catedral mesma, no [[grande incendio de Londres]] no [[1666]].