Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Rubens e van Dyck: mellora en formato ref
Liña 131:
 
=== Rubens e van Dyck ===
Os primeiros contactos entre Rubens e o mozo van Dyck remóntanse a [[1615]], cando Anton abriu un taller persoal. Moitos importantes pintores de Antuerpen, como [[Frans Snyders]], visitaban o taller, para darlle consellos ou simplemente para observar o traballo do novo talento.<ref name="ReferenceA"/> Algúns anos despois Anton entrou efectivamente no taller de Rubens, do que puidera admirar os grandes retablos conservados nas igrexas da cidade. Durante os anos de colaboración actuaban do seguinte modo: Rubens buscaba os encargos, preparaba os borradores e os deseños preparatorios, pero logo era van Dyck quen executaba a pintura. Testemuñas disto son as numerosas obras do período, como as ''[[Historias de Decio Mus]]'', de carácter profano, e a decoración do teito da [[igrexa de San Carlos Borromeo, Antuerpen|igrexa de San Carlos Borromeo]] de Antuerpen, de carácter sacro.<ref>Todo o ciclo pictórico realizado por van Dyck perdeuse en 1718, tras o incendio da igrexa. (Bodart, 1997, ''Van Dyck'', p. 7).</ref>
 
Segundo algunhas fontes, van Dyck foi admirador e alumno de Rubens, pero tamén un asistente e un amigo, como testemuñaría o ''[[Retrato de Isabella Brant]]'', que representa á primeira esposa de Rubens, regalado ao gran pintor por Anton e os retratos de van Dyck feitos por Rubens, que o definiu como o mellor dos seus alumnos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=8}}</ref> Outras fontes en cambio mostran a van Dyck como admirador sincero de Rubens na súa mocidade, que identificaba como un modelo para as súas pinturas, pero que co pasar do tempo chegara a ser unha presenza demasiado forte na pequena realidade de Flandres, tanto que lle obrigou a buscar fortuna primeiro en Inglaterra e logo en Italia. E mesmo Rubens, cando se deu conta das capacidades do novo alumno, que podería ensombrecer o seu nome, fixo todo o posible para afastalo de Antuerpen, obtendo cartas de recomendación e garantíndolle a axuda de ricos personaxes, sexa ingleses, como o conde de Arundel, sexa italianos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Brown|1999|p=19}}</ref>