Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 84:
=== O regreso a Flandres ===
[[Ficheiro:Maria de' Medici by Anthony van Dyck.jpg|miniatura|200px|''Retrato de María de Medici'', 1631.]]
En setembro de [[1627]], volveu ao seu Antuerpen natal, chamado pola morte da súa irmá Cornelia.<ref name="Brown, p.24" /> Os primeiros meses caracterizáronse por unha gran produción relixiosa: Anton, fervente [[Igrexa católica|católico]], uniuse á confraternidade dos célibes, creada polos xesuítas de Antuerpen, que lle encargaron tamén dous [[retablo]]s, realizados entre [[1629]] e [[1630]]. Neste período os retratos de carácter mitolóxico (''[[Sansón e Dalila (van Dyck)|Sansón e Dalila]]'') son raros, mentres abundan os de carácter bíblico-relixioso, entre os cales destaca a ''Éxtase de san Agustín'', posto á beira dunha tea de Rubens e a unha de [[Jacob Jordaens]] e a ''Adoración dos pastores''. Ademais, van Dyck realiza tamén seis ''Crucifixións'', un ''Pranto sobre Cristo morto'' e unha ''Coroación de espiñas''. Todos estes traballos están cheos dun fervor e dunha profundidade intensos e místicos,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Brown|1999|p=27}}</ref> pero sobre todo no último, aparecen notas pre-románticas ademais da liña barroca predominante.<ref>''Atlante della pittura — Maestri fiamminghi'' de Luigi Mallé, ediz.editorial De Agostini, Novara, 1965 (na páx. 50 — voz «Antoon van Dyck»).</ref>
 
[[Ficheiro:Anthonis van Dyck 052b.jpg|miniatura|esquerda|240px|Sansón e Dalila, 1630.]]