Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
formato refs.
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Italia: formato ref
Liña 57:
 
[[Ficheiro:Anthonis van Dyck 024.jpg|miniatura|esquerda|200px|''Retrato do escultor flamengo François Duquesnoy'', 1623.]]
Tras a exitosa experiencia xenovesa, van Dyck partiu en febreiro de [[1622]] a [[Roma]], onde permaneceu até agosto dese ano e durante boa parte de [[1623]]. Nesta época pintou o seu [[Autorretrato (van Dyck, San Petersburgo)|autorretrato]] ambientado en San Petersburgo. Acollido favorablemente na Roma pontificia, foi introducido nos mellores ambientes da sociedade; durante a súa segunda permanencia recibiu do [[cardeal]] [[Guido Bentivoglio]] dous importantes encargos, que consistían na realización dunha ''Crucifixión'' e dun retrato de corpo completo do mesmo cardeal. Bentivoglio fora elevado ao cardenalato o ano anterior e era o protector da comunidade flamenga romana, xa que fora [[Nunciatura apostólica|nuncio apostólico]] en [[Bruxelas]] desde [[1607]] até [[1614]].<ref name="Brown, p.20">Brown,{{Cita p.Harvard sen parénteses|Brown|1999|p=20.}}</ref> Ademais do retrato do cardeal Bentivoglio, un dos máis famosos de toda a produción de van Dyck, o novo pintor retratou tamén ao cardeal [[Urbano VIII, papa|Maffeo Barberini]], que logo foi papa co nome de [[Urbano VIII, papa|Urbano VIII]].<ref>Por desgraza o retrato deste cardeal perdeuse.</ref> Deste período son tamén numerosos retratos como os do matrimonio Shirley ([[Retrato de Lady Teresa Shirley]] e [[Retrato de Sir Robert Shirley]]). A diferenza do mestre Rubens, van Dyck non amaba moito o legado antigo de Grecia e Roma, e prefería estudar aos mestres do [[século XVI]]. Testemuño diso é o seu ''Caderno italiano'', diario de esbozos e deseños realizados a partir de grandes obras estudadas durante a súa estadía en Italia.<ref name="Brown, p.20" /> En Roma tivo a oportunidade de observar e copiar as obras mestras dos grandes do [[Renacemento]], que se atopaban principalmente no palacio Ludovisi e na [[Villa Borghese]].
 
Desde Roma trasladouse a [[Florencia]], onde coñeceu a [[Lourenzo de Medici]], fillo do [[Gran Ducado de Toscana|gran duque de Toscana]], [[Fernando I de Médici]], gran apaixonado da arte e xeneroso [[Mecenado|mecenas]]. Probablemente pintou un retrato del, que logo houbo de perderse.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=17}}</ref> De camiño a [[Venecia]], detívose en [[Bolonia]] e en [[Parma]], onde admirou os frescos de [[Antonio Allegri da Correggio|Correggio]]. Chegou finalmente a [[Venecia]], onde pasou o inverno de [[1622]]. Na cidade das lagoas, patria dun dos seus artistas favoritos, Tiziano, foi guiado na visita das grandes obras venecianas polo sobriño de Tiziano, [[Cesare Vecellio]].{{Harvnp|Brown|1999|p=22}} Anton puido finalmente coroar o seu soño, ver e analizar as obras de Tiziano e de [[Paolo Veronese]]: no seu ''Caderno italiano'' atópanse deseños de obras de [[Giorgione]], [[Rafael]], [[Guercino]], [[Aníbal Carracci]], [[Giovanni Bellini]], [[Tintoretto]], [[Leonardo da Vinci|Leonardo]], pero prevalecen as de Tiziano, a quen dedica 200 páxinas.{{Harvnp|Brown|1999|p=22}}