Nudez na arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 156:
[[Ficheiro:Gustav Klimt 005.jpg|miniatura|250px|''Auga axitada'' (1898), de [[Gustav Klimt]], Colección privada, [[Nova York]].]]
{{Artigo principal|Simbolismo}}
O [[simbolismo]] foi un estilo de corte fantástico e onírico, que xurdiu como reacciónónaturalismoreacción ó naturalismo da corrente realista e impresionista, pondo especial énfase no mundo dos soños, así como en aspectos [[Satanismo|satánicos]] e [[terror]]íficos, o [[sexo]] e a [[perversión]]. Desenvolveuse especialmente en Francia, sendo un dos seus iniciadores [[Gustave Moreau]], artista de corte fantástico e estilo ornamental, cun erotismo suxestivo que reflite os seus medos e obsesións, cun prototipo de muller ambigua, entre a inocencia e a perversidade.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|pp=296-297.}}</ref> Seguiron os seus pasos artistas como [[Pierre Puvis de Chavannes]], [[Odilon Redon]], [[Aristide Maillol]], ou os [[Nabis (artistas)|Nabis]], grupo de artistas influídos por Gauguin e preocupados polo uso expresivo da cor ([[Félix Vallotton]], [[Pierre Bonnard]]). En [[Bélxica]], [[Félicien Rops]] tamén se inspirou no mundo do fantástico e o sobrenatural, con inclinación caraósatánico e as referencias á morte, cun erotismo que reflicte o aspecto escuro e pervertido do amor.<ref>{{Cita publicación periódica|data-publicación= 1989|autor= Aurora Fernández Polanco|título= Fin de século: Simbolismo e Art Nouveau|editorial= Historia 16|lugar-publicación= Madrid|páxina=149}}</ref>
 
En [[Gran Bretaña]] xurdiu a escola dos [[Prerrafaelismo|prerrafaelitas]], que se inspiraban nos pintores italianos anteriores a [[Rafael Sanzio|Rafael]], así como na recentemente xurdida [[fotografía]]. Malia ser a súa temática de preferencias líricas e relixiosas, tamén abordaron o espido, como [[Dante Gabriel Rossetti]], [[Edward Burne-Jones]], [[John Everett Millais]] e [[John William Waterhouse]]. O alemán [[Franz von Stuck]] expresou un erotismo de tórrida sensualidade que reflicte un concepto da muller como personificación da perversidade (''O pecado'', 1893). En [[Austria]], [[Gustav Klimt]] recreou un mundo de fantasía de forte compoñente erótico, cunha composición clasicista de estilo ornamental, onde se entrelazan o sexo e a morte, tratando sen tabús a sexualidade.<ref>{{Cita publicación periódica|data-publicación= 1989|autor= Aurora Fernández Polanco|título= Fin de século: Simbolismo e Art Nouveau|editorial= Historia 16|lugar-publicación= Madrid|páxina=57}}</ref>
Liña 172:
;[[Expresionismo]] (1905-1923)
[[Ficheiro:Amadeo Modigliani 012.jpg|miniatura|300px|''Espido deitado'' (1917), de [[Amedeo Modigliani]], Colección Gianni Mattioli, [[Milán]].]]
Xurdido como reacciónóreacción ó [[impresionismo]], os expresionistas defendían unha arte máis persoal e intuitivo, onde predominase a visión interior do artista, reflectindo nas súas obras unha temática persoal e intimista con gusto polo fantástico, deformando a realidade para acentuar o carácter expresivo da obra.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Azcárate Ristori|Pérez Sánchez|Ramírez Domínguez|1983|p=810.}}</ref> Organizado inicialmente en tornoógrupo ''[[Die Brücke]]'' (fundado en 1905), ós seus membros interesáballes un tipo de temática centrada na vida e a natureza, reflectida de forma espontánea e instintiva, por un dos seus principais temas foi o espido.<ref>{{Cita publicación periódica|data-publicación= 1993|autor= María dos Santos García Felguera |título= As vangardas históricas II|editorial= Historia 16|lugar-publicación= Madrid|páxinas=12-14}}</ref> Dos membros de ''Die Brücke'' destacou [[Ernst Ludwig Kirchner]]: que utilizaba cores primarias, como os fauvistas, pero con liñas crebadas, violentas, en ángulos pechados, agudos, con figuras estilizadas, cun alongamento de influencia gótica. Outros membros do grupo foron: [[Erich Heckel]], [[Karl Schmidt-Rottluff]], [[Max Pechstein]] e [[Otto Mueller]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Crepaldi|2002|pp=22-40.}}</ref>
 
En [[Viena]] destacou [[Egon Schiele]], cuxa obra virouóredor dunha temática baseada na sexualidade, a soidade e a incomunicación, con obras moi explícitas polas que mesmo estivo preso, acusado de [[pornografía]].<ref>{{Cita publicación periódica|data-publicación= 1993|autor= María dos Santos García Felguera |título= As vangardas históricas II|editorial= Historia 16|lugar-publicación= Madrid|páxina=50}}</ref> En Francia formouse a denominada [[Escola de París (arte)|Escola de París]], un grupo heterodoxo de artistas que traballaron no [[período de entreguerras]], un de cuxos principais expoñentes foi [[Amedeo Modigliani]], artista de vida bohemia autor de numerosos espidos. Outros membros da escola foron: [[Marc Chagall]], [[Georges Rouault]] e [[Jules Pascin]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Hamilton|1997|pp=451-457.}}</ref>
Liña 210:
 
;''[[Pop art|Pop-art]]'' (1955-1970)
Xurdiu en [[Gran Bretaña]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] como movemento de rexeitamentoórexeitamento ó [[expresionismo abstracto]], englobando unha serie de autores que retornaron á figuración, cun marcado compoñente de inspiración popular, tomando imaxes do mundo da [[publicidade]], a [[fotografía]], o [[Historieta|cómic]] e os medios de comunicación de masas. O ''pop-art'' asumiu o sexo como algo natural, sen andrómenas, no marco da liberación sexual dos [[anos 60]] propugnada polo movemento ''[[hippy]]''. Un dos seus principais expoñentes polo que incumbe ó espido foi [[Tom Wesselmann]], que realizou na serie ''Grandes espidos americanos'' (anos 1960) un conxunto de obras onde o espido móstrase como un produto de consumo, cunha estética publicitaria e próxima ás revistas eróticas tipo [[Playboy]].<ref>{{Cita publicación periódica|data-publicación= 1993|autor= María dos Santos García Felguera |título= A arte despois de Auschwitz|editorial= Historia 16|lugar-publicación= Madrid|páxina=97}}</ref>
 
;[[Novo realismo]] (1958-1970)
Liña 219:
 
;[[Hiperrealismo]] (desde 1965)
Como reacciónóreacción ó [[minimalismo]] de moda nos anos 1950 e 1960 xurdiu esta nova corrente figurativa, caracterizada pola súa visión superlativa e esaxerada da realidade, que é plasmada con gran exactitude en todos os seus detalles, cun aspecto case fotográfico. Destacaron artistas como [[John Kacere]], que pinta fragmentos de corpos femininos, especialmente sexos e nádegas con bragas axustadas; e o escultor [[John de Andrea]], autor de espidos de forte carga sexual (''O artista e o seu modelo'', 1976). En España, [[Antonio López García]] é autor de obras de factura académica pero onde a máis minuciosa descrición da realidade se aúna cun vago aspecto irreal próximoópróximo ó [[realismo máxico]] (''Muller na bañeira'', 1968).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Chilvers|2007|p=567.}}</ref>
 
;[[Arte conceptual]] (1965-1980)