Alberto Núñez Feijóo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Presidente da Xunta de Galicia: quito ref. que non funciona, xa ten outra
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 71:
Núñez Feijóo foi nomeado Presidente da Xunta de Galicia polo [[Parlamento de Galicia]] o [[16 de abril]] de [[2009]], tomando posesión dous días despois.<ref name="posesión"/>
 
Ao día seguinte ás [[eleccións ao Parlamento de Galicia 2009|eleccións ao Parlamento de Galicia]], Feijóo deu a coñecer as súas prioridades: baixar impostos como o [[IRPF]], eliminación de dúas Consellarías, a derrogación do decreto do galego no ensino e rematar coas [[galescola]]s.<ref>[http://www.vieiros.com/nova/72468/derrogar-o-decreto-e-converter-galescolas-en-garderias-prioridades-de-feijoo Derrogar o decreto e converter as Galescolas en garderías, prioridades de Feijóo], en [[Vieiros]], [[2 de marzo]] de [[2009]].</ref>. Prometeu, ademais, que os pais ían ter liberdade de escolla da lingua vehicular no ensino dos seus fillos, máis tamén afirmou que non ía segregar por lingua e que non ía, polo tanto, duplicar o sistema educativo.<ref>[http://www.vieiros.com/nova/72556/feijoo-garante-agora-que-non-vai-haber-segregacion-nas-escolas-por-razon-de-idioma Feijóo garante agora que non vai haber segregación nas escolas por razón de idioma], en [[Vieiros]], [[5 de marzo]] de [[2009]].</ref>. Ás súas declaracións reaccionaron con prontitude a [[Mesa pola Normalización Lingüística]]<ref>[http://www.vieiros.com/nova/72583/o-futuro-presidente-da-xunta-promete-unha-involucion-linguistica-historica "O futuro presidente da Xunta promete unha involución lingüística histórica"], en [[Vieiros]], [[6 de marzo]] de [[2009]].</ref> e o [[Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza|STEG]].<ref>[http://www.vieiros.com/nova/72600/o-futuro-da-lingua-e-o-aumento-de-concertos-educativos-principais-preocupacions-para-steg O futuro da lingua e o aumento de concertos educativos, principais preocupacións para STEG], en [[Vieiros]], [[6 de marzo]] de [[2009]].</ref>.
 
Estes anuncios motivaron asemade que a [[Real Academia Galega]] elaborase un comunicado moi crítico coa dirección que tomara o Goberno de Feijóo, acusándoo de "desprotexer a lingua".<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/a-rag-considera-desprotectoras-as-decisions-linguumlisticas-da-xunta.html A RAG considera 'desprotectoras' as decisións lingüísticas da Xunta], en [[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]], [[12 de maio]] de [[2009]].</ref>
 
Xa en xuño, a Xunta anunciou<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2009/06/01/polItica/feijoo-anuncia-consultas-padres-lengua/2009060118523324102.html Feijóo anuncia 300.000 consultas a los padres sobre la lengua], en [[Xornal de Galicia]], [[3 de xuño]] de [[2009]].</ref> que se ía facer unha enquisa lingüística aos pais con fillos en idade escolar.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/default/2009/06/05/00171244216384569800920/Fichero/Consultaasfamilias.pdf Consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia]</ref> Non houbo que agardar moito para ver as diferentes reaccións. En contra dela, posicionáronse galeguistas históricos como [[Avelino Pousa Antelo]], quen cualificou a enquisa como unha "aberración pedagóxica e unha pallasada".<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=440085 “A enquisa aos pais é unha aberración pedagóxica e unha pallasada”], en [[Galicia Hoxe]], [[22 de xuño]] de [[2009]].</ref>. O [[Bloque Nacionalista Galego]] anunciou que a denunciaría ante a [[UNESCO]].<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=439720 "Isto é un lingüicidio"], en [[Galicia Hoxe]], [[21 de xuño]] de [[2009]].</ref>.
 
== Polémicas ==