Lois Filipe de Braganza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*Sajonia > Saxonia.
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Luis Filipe, Duke of Braganza.jpg|miniatura|dereita|Luis Felipe de Bragança]]
'''Luís Filipe I''', '''Duque de Bragança''', bautizado co nome de '''Luís Filipe Maria Carlos Amélio Fernando Victor Manuel António Lourenço Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis Bento de Saxonia-Coburgo-Gotha Bragança''', nado en [[Lisboa]] o [[21 de marzo]] de [[1887]], foi fillo do rei [[Carlos I de Portugal|Carlos I]] e da raíña [[Amelia de Orleans]].
 
== Traxectoria ==
Exerceu notablemente a rexencia do país durante un breve e transcendental período de tempo en [[1907]], debido á viaxe do seu pai, en visita protocolar ao estranxeiro. Nese mesmo ano, e por primeira vez para un príncipe portugués desde [[Xoán VI de Portugal|Xoán VI]], realizou unha viaxe oficial ás colonias, neste caso as africanas, visita que tivo un gran impacto no seu momento.
 
Luís Filipe, coñecedor das ameazas de morte ao seu pai, ía sempre armado cun revólver, para defenderse cando fose preciso, xurando sempre que o matarían a el antes que permitir que lle pasase nada ao seu pai.
 
Luís Filipe estaba co seu pai e o resto da familia real o [[1 de febreiro]] de [[1908]], o día do [[rexicidio]]. Carlos I foi cribado no medio dunha multitude por fanáticos republicanos, pertencentes á organización terrorista [[Carbonaria]], morrendo no acto, mentres que Luís foi ferido de gravidade e o seu irmán menor, Manuel, foi alcanzado nun brazo. Aínda que foi atendido polos doutores, Luís morreu vinte minutos máis tarde.
 
Ao non contemplarse na monarquía portuguesa a sucesión automática, Luís nunca foi rei, a pesar de sobrevivir ao seu pai. Tras as súas mortes, a coroa portuguesa foi herdada polo seu irmán [[Manuel II de Portugal|Manuel II]], que se converteu no último rei de Portugal, destronado pola [[revolución]] republicana dous anos despois, o [[5 de outubro]] de [[1910]].
 
== Véxase tamén ==