Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 160:
=== Retratos de Carlos I ===
[[Ficheiro:Charles I with M. de St Antoine (1633); Anthony Van Dyck.jpg|miniatura|''[[Retrato de Carlos I con M. de Saint-Antonie o seu mestre de equitación]]'', 1633.]]
O personaxe que máis veces aparece nos retratos realizados por van Dyck é sen dúbida, Carlos I Estuardo, rei de Inglaterra e o seu mecenas-protector. Van Dyck representouno coa súa familia, en parella coa súa muller Enriqueta e sobre todo só. As pinturas son de diversos formatos e o soberano é representado en diversas poses: a cabalo, como no caso do ''[[Carlos I a cabalo]]'', de corpo enteiro como no ''[[Retrato de Carlos I cazando]]'', de medio busto como en ''[[Rei Carlos I e a raíña Enriqueta María]]'' e tamén noutras posicións, como no ''[[Triplo retrato de Carlos I]]'', logo enviado a Roma, ao taller de [[Gian Lorenzo Bernini|Bernini]]. O máis ambicioso dos retratos de Carlos I é o retrato ecuestre no que o soberano aparece en compañía do seu mestre de equitación.
 
Neste cadro, ''[[Retrato de Carlos I con M. de Saint-Antonie o seu mestre de equitación]]'',van Dyck realiza o máis solemne dos retratos ecuestres do rei: Carlos está atravesando un arco de triunfo, desde o cal caen pesados panos verdes, viste armadura e ten na man o bastón de mando mentres cabalga un espléndido cabalo branco. Se a descrición se detivese aquí, parecería unha pintura dun xeneral vitorioso: pero para subliñar que se trata do rei, van Dyck insire á esquerda do soberano ao seu mestre de equitación que o mira, desde abaixo, cunha mirada de submisión e veneración; á esquerda en cambio hai un gran brasón que ten os símbolos da [[Casa de Estuardo|dinastía real Estuardo]] e unha impoñente [[Coroa (ornamento)|coroa]]. Ademais do amor que o rei tiña pola arte, Carlos I víao como un medio de propaganda política, especialmente nos anos difíciles como os precedentes á guerra civil.
 
== Principais museos ==