Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Retratos do período italiano: ligazóns e adaptación de it.wiki
Liña 146:
 
=== Retratos do período italiano ===
A principal actividade de van Dyck en Italia, e en Xénova en particular, foi a de retratista. A nobreza xenovesa, que coñecera a habilidade de Rubens algúns anos antes, non quixo deixar escapar a oportunidade de facerse retratar polo mellor alumno do mestre flamengo. Así foi que a van Dyck encargáronlle numerosos retratos, individuais ou de grupo. Foi nesta ocasión que van Dyck demostrou a súa habilidade para retratar tamén aos nenos, a grupos familiares e a homes a cabalo. Entre os retratos de grupo do período xenovés o máis coñecido é ''[[A familia Lomellini]]''.
 
Como a maior parte dos retratos do período xenovés, non se coñecen con certeza os nomes dos personaxes retratados suponse que se trate da segunda muller, os dous fillos maiores e os dous fillos menores de Giacomo Lomellini, [[dogo de Xénova|dogo]] da [[República de Xénova]]; Giacomo, que en dous anos de dogado non podía ser retratado, encargaría este retrato, que se presenta como o máis complexo entre os do período italiano: o fillo maior, Nicolò, colocado baixo un arco triunfal, está representado vestido coa armadura mentres que ten na man unha lanza rota, símbolo da defensa da cidade, mentres a muller e os nenos son representados baixo unha estatua de ''Venus púdica'', que simboliza a defensa da esfera familiar.<ref>Brown, p. 186.</ref>
 
Non só en Xénova Van Dyck tivo ocasión de amosar o seu talento de retratista. Tamén nalgunhas outras etapas da súa estancia italiana o mestre de Antuerpen realizou célebres e belos retratos. En [[Roma]], de feito, retratou en [[1623]] [[Retrato do cardeal Guido Bentivoglio|ó cardeal Bentivoglio]], mentres en [[Palermo]], no [[1624]], realizou o do vicerrei [[Retrato de Emanuele Filiberto, príncipe de Savoia|Emanuele Filiberto de Savoia]].
 
=== Retratos do período inglés ===