Leelah Alcorn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 40:
==Reaccións==
===Proxenitores===
O 28 de decembro ás 2:56&nbsp;PM a súa nai, Carla Wood Alcorn, publicou unha mensaxe en [[Facebook]] afirmando: "O meu adorable fillo de 16 anos, Joshua Ryan Alcorn, foise ó ceo esta mañá. Saíu a dar un paseo cedo pola mañá e foi golpeado por un camión. Grazas polas mensaxes e amabilidade e preocupacións que nos enviachedes. Por favor mantédenos nas vosas pregarias".<ref name=Coolidge /><ref name=MainsLaw /><ref name=RT>{{cite news |title=Transgender teen asks for her suicide to 'mean something' and 'fix society' |url=http://rt.com/usa/219115-teen-suicide-note-transgender-awareness/ |date=December 31, de decembro de 2014 |work=RT |accessdate=April 22, de abril de 2017 |dead-url=yes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20160307205652/https://www.rt.com/usa/219115-teen-suicide-note-transgender-awareness/ |archivedate=March 7, de marzo de 2016 |df=mdy-all }}</ref> Esta mensaxe foi borrada posteriormente e a súa conta de Facebook pasou a ser privada.<ref name=RT /> A familia Alcorn solicitou publicamente que lles deran privacidade durante o seu luto nunha declaración publicada polo distrito escolar local.<ref name=Coolidge /> Nesa declaración o persoal do instituto Kings High School declarou que "Joshua Alcorn era un adorable mozo de 17 anos, talentoso e amable", engadindo que os conselleiros estarían dispoñibles para os estudantes afectados polo incidente.<ref name=Coolidge /> O 30 de decembro gardouse un minuto de silencio na súa memoria durante un partido de baloncesto do equipo do instituto.<ref name=MainsLaw />
 
[[File:Dan Savage at IWU.jpg|thumb|left|O activista polos dereitos LGBT [[Dan Savage]] pediu que se tomasen accións legais contra os pais de Leelah trala morte desta.]]
 
Varios simpatizantes de Alcorn criticaron publicamente á súa nai, Carla Alcorn, por referirse a ela como varón na súa mensaxe de Facebook na que anunciaba a súa morte.<ref name=Time /> Varios individuos acosaron e publicaron información privada de Carla por medio da súa conta de Facebook "como vinganza" pola morte de Leelah.<ref>{{cite web |last1=Dewey |first1=Caitlin |title=Leelah Alcorn's death was tragic, but harassing her parents is not the answer |url=https://www.washingtonpost.com/news/the-intersect/wp/2014/12/31/leelah-alcorns-death-was-tragic-but-harassing-her-parents-is-not-the-answer/ |work=The Washington Post |accessdate=January 1, de xaneiro de 2015 |date=December 31, de decembro de 2014 |dead-url=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20150101124344/http://www.washingtonpost.com/news/the-intersect/wp/2014/12/31/leelah-alcorns-death-was-tragic-but-harassing-her-parents-is-not-the-answer/?tid=pm_lifestyle_pop |archivedate=January 1, de xaneiro de 2015 |df=mdy-all }}</ref> O columnista [[Brendan O'Neill (xornalista)|Brendan O'Neill]] escribiu un artigo na revista ''[[Spiked (revista)|Spiked]]'' afirmando que aqueles que acosaban ós pais de Alcorn representaban a "unha nova raza de liberais non liberais" que non toleraban a calquera que mantivese unha visión conservadora sobre os problemas sociais, comparando as súas tácticas coas da [[Igrexa Bautista de Westboro]].<ref>{{cite web |last=O'Neill |first=Brendan |title='Justice for Leelah': behold the new, PC intolerance |date=5 Januaryde xaneiro de 2015 |website=Spiked |url=http://www.spiked-online.com/newsite/article/justice-for-leelah-behold-the-new-pc-intolerance/16419#.WkUSI0x2tPY |accessdate=December 28, de decembro de 2017 |dead-url=no }}</ref>
 
En [[Twitter]] o activista [[Dan Savage]] argumentou que se deberían tomar accións legais contra os pais de Alcorn polo seu papel na morte da súa filla, comentando que por mor das súas accións eles "tirárona diante dese camión", citando a acusación de Dharun Ravi tralo [[Tyler Clementi|suicidio de Tyler Clementi]] como precedente legal para este tipo de accións.<ref name=Badash2>{{cite web |author=Badash, David |date=January 1, de xaneiro de 2015 |title=Dan Savage: Parents Of Trans Teen Leelah Alcorn 'Threw Her In Front Of That Truck' |work=The New Civil Rights Movement |url=http://www.thenewcivilrightsmovement.com/davidbadash/dan_savage_parents_of_trans_teen_leelah_alcorn_threw_her_in_front_of_that_truck |accessdate=April 22, de abril de 2017}}</ref><ref name=Broverman>{{cite web |url=http://www.advocate.com/politics/transgender/2015/01/02/savage-parents-trans-teen-who-ended-life-should-be-prosecuted |title=Savage: Parents of Trans Teen Who Ended Life Should Be Prosecuted |work=The Advocate |date=January 2, de xaneiro de 2015 |accessdate=January 14, de xaneiro de 2015 |author=Broverman, Neal |dead-url=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20160323170108/http://www.advocate.com/politics/transgender/2015/01/02/savage-parents-trans-teen-who-ended-life-should-be-prosecuted |archivedate=March 23, de marzo de 2016 |df=mdy-all }}</ref><ref name=Helling>{{cite web |title=Suicide of Transgender Teen Leelah Alcorn Sparks Emotional Debate |author=Helling, Steve |website=People |date=January 2, de xaneiro de 2015 |url=http://www.people.com/article/leelah-alcorn-death-sparks-emotional-debate-parents-speak |dead-url=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20161229074424/http://people.com/celebrity/suicide-of-transgender-teen-leelah-alcorn-sparks-emotional-debate/ |archivedate=December 29, de decembro de 2016 |accessdate=April 22, de abril de 2017 |df=mdy-all }}</ref> Tamén comentou que as accións legais deberían tomarse tamén contra os terapistas de conversión que trataran a Leelah, suxerindo que os Alcorn deberían perder a custodia dos seus outros fillos.<ref name=Molloy /><ref name=Badash2 />
 
Carla Alcorn respondeu a estas críticas nunha entrevista coa [[CNN]], afirmando: "Amábamolo de forma incondicional. Amábamolo sen importar nada. Amaba ó meu fillo. A xente necesita saber que o amaba. Era un bo rapaz, un bo neno".<ref name=Buncombe /><ref name=CNN1 /><ref name=Brennan /> Malia recoñecer que Leelah pedíralles que lle deixasen someterse a unha cirurxía de transición, Carla afirmou que nunca lle escoitara usar o nome de "Leelah", reiterando o seu rexeitamento a aceptar a condición de transxénero indicando: "Nós non apoiamos iso, relixiosamente".<ref name=Buncombe /><ref name=CNN1>{{cite web |last1=Fantz |first1=Ashley |title=An Ohio transgender teen's suicide, a mother's anguish |url=http://edition.cnn.com/2014/12/31/us/ohio-transgender-teen-suicide/index.html |website=CNN |date=January 4, de xaneiro de 2015 |accessdate=January 1, de xaneiro de 2015 |dead-url=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20160611115906/http://edition.cnn.com/2014/12/31/us/ohio-transgender-teen-suicide/index.html |archivedate=June 11, de xuño de 2016 |df=mdy-all }}</ref><ref name=Brennan>{{cite web |title=Leelah Alcorn's mother: 'We loved him' |url=http://www.cincinnati.com/story/news/2014/12/31/leelah-alcorns-mother-we-loved-him/21139385/ |website=Cincinnati.com |accessdate=January 1, de xaneiro de 2015 |date=December 31, de decembro de 2014 |author=Brennan, Patrick |dead-url=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20150715083024/http://www.cincinnati.com/story/news/2014/12/31/leelah-alcorns-mother-we-loved-him/21139385/?from=global&sessionKey=&autologin= |archivedate=July 15, de xullo de 2015}}</ref> Carla expresou a súa preocupación de que os usuarios das redes sociais pensasen que era unha "persoa horrible", e defendeu as súas accións ó tratar co seu fillo, indicando por exemplo que lle prohibira o acceso á Internete para previr que accedese a "cousas non axeitadas".<ref name=CNN1 /> Nun correo electrónico enviado á canle local [[WCPO-TV]], o pai de Leelah, Doug Alcorn, escribiu: "Amamos ó noso fillo, Joshua, moito e estamos desolados pola súa morte. Non desexamos entrar nunha tormenta ou debate político con persoas que non o coñecían. Queremos choralo en privado. Non lle gardamos rencor a ninguén. [...] Simplemente non desexo que as nosas palabras se usen na nosa contra".<ref name=Law />
 
Nun artigo para [[Salon (páxina-web)|''Salon'']], [[Mary Elizabeth Williams]] comentou que "sería cruel e pouco preciso suxerir que Carla Alcorn non lle quería ó seu fillo", pero engadiu que a afirmación de Carla indicando que "amábao de forma incondicional" revelaba "unha tráxica falta de entendemento da palabra 'incondicional'".<ref>{{cite web |author=Williams, Mary Elizabeth |title=Leelah Alcorn's mom mourns a "good boy" |date=January 2, de xaneiro de 2015 |website=Salon |url=http://www.salon.com/2015/01/02/leelah_alcorns_mom_mourns_a_good_boy/ |accessdate=April 22, de abril de 2016 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20170315113436/http://www.salon.com/2015/01/02/leelah_alcorns_mom_mourns_a_good_boy/ |archivedate=March 15, de marzo de 2017 |dead-url=no}}</ref> A revista ''[[People (revista)|People]]'' citou unha afirmación de Johanna Olson, directora de medicina do Center of Trans Youth Health and Development no [[Hospital Infantil Los Angeles]]: "Queríanlle os pais de Leelah? Si, estou seguro de que si. Apoiárona? Non. E iso é unha traxedia".<ref name=Helling /> Mara Keisling, directora executiva do [[Centro Nacional pola Igualdade Transxénero]], foi citada afirmando que culpar ós pais de Alcorn non era útil, engadindo: "Malia os grandes avances culturais e legais conseguidos polas persoas transxénero, aínda hai moita falta de respecto, discriminación e violencia dirixida cara a nós. E sendo un neno ou adolescente de calquera tipo hoxe en día é moi difícil".<ref name=independent/>
 
===Tributos e activismo===