Gran Premio dos Estados Unidos de 1960: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m →‎Sumario: Florida, Estados Unidos de América
Liña 40:
 
== Sumario ==
Por algunha razón (falta de familiaridad dos afeccionados cos coches de rodas abertas e cos pilotos europeos, a falta de apoio dos medios de comunicación e dos promotores do Leste, ou a falta de batalla polo campionato en curso), o promotor [[Alec Ulmann]] non tivo éxito en conseguir máis apoio para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 no circuíto de [[Circuíto Riverside International|Riverside]] en [[California]] do que tivo [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1959|un ano antes]] en [[Sebring, Florida|Sebring]] ([[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]).
 
Situado no deserto preto das montañas de San Bernardino ao leste dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], o circuíto de Riverside ten unha sección particularmente esixente de eses costa arriba, logo de pasar a liña de meta. O residente en Riverside e heroe local [[Dan Gurney]] chegou á pista como o favorito da multitude, que só eran 25.000 espectadores. [[Jack Brabham]], que xa conseguira o seu segundo Campionato Mundial consecutivo unhas semanas antes en [[Gran Premio de Portugal de 1960|Portugal]], estaba de volta co seu compañeiro [[Bruce McLaren]] na fábrica [[Cooper Car Company|Cooper]] - [[Coventry Climax|Climax]]. [[Team Lotus|Lotus]] participou cos coches de [[Jim Clark]], [[Innes Ireland]] e [[John Surtees]], mentres que [[Rob Walker Racing Team|Rob Walker]] participou co Lotus de [[Stirling Moss]]. [[British Racing Motors|BRM]] participou con tres P48 con motor central para [[Jo Bonnier]], [[Graham Hill]] e Gurney. Coa perda outra vez do campionato, [[Enzo Ferrari]] decidiu quedar cos seus coches en casa, pensando que o seu tempo estaría mellor empregado na preparación do novo coche de 1.5 litros para {{f1|1961}}. Aos pilotos [[Phil Hill]] e [[Wolfgang von Trips]], con todo, permitíuselles participar na carreira con outros equipos. En particular Hill, quería protexer á súa posición no terceiro lugar no Campionato detrás dos seus compañeiros do equipo Cooper Brabham e McLaren.