Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 136:
 
=== Pinturas relixiosas ===
Ao comezo da súa formación, no taller de van Balen, o mozo Anton cimentouse principalmente na realización de obras de carácter relixioso. Na Antuerpen apenas reconquistada polo [[Igrexa católica|catolicismo romano]], o xénero pictórico máis solicitado era o relixioso e o bíblico. O primeiro gran encargo que recibiu van Dyck foi precisamente o de realizar pinturas que representasen aos doce apóstolos. Tras achegarse ao taller de Rubens os encargos relixiosos creceron notablemente.
 
Representativa destas pinturas con carácter sacro da produción de van Dyck é a tea ''[[O emperador Teodosio e san Ambrosio]]'' de 1619-1620. Esta tea representa o encontro entre o pecador [[Teodosio I]] e o [[Arquidiocese católica latina de Milán|arcebispo de Milán]], [[Ambrosio de Milán|Ambrosio]]. Para a realización da tea, van Dyck fixo referencia ao traballo de idéntico nome que fixera con Rubens anos antes. Con todo, as diferenzas resultan claras: na pintura de van Dyck, conservada en Londres, o emperador non ten barba, o fondo arquitectónico resulta máis marcado e ademais do [[Báculo pastoral|pastoral]], vense no ceo diversas armas levadas polo séquito de Teodosio. E mentres na tea de Rubens (conservada en [[Viena]]) sobre a capa do bispo pódense ver retratos de Cristo e de San[[Pedro, papa|san Pedro]], que subliñan a autoridade de Ambrosio, na de van Dyck a capa preséntase como un exemplo de gran habilidade na representación pictórica de pregues. Outro engadido de van Dyck é o can, colocado aos pés do emperador.<ref>Brown, pp. 134-135.</ref> As pinceladas da obra realizada en Londres son enérxicas e vigorosas, mentres que as de Viena aparecen máis suaves e lixeiras.
 
=== Pinturas históricas e mitolóxicas ===