Ángel Baltar Cortés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: ADC; cambios estética
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Ángel Baltar Varela]] o que fora alcalde de Padrón, Ángel Baltar estudou [[bacharelato]] no Instituto de [[Santiago de Compostela]], rematando en [[1884]]. Estudou na Facultade de Medicina e licenciouse con sobresaínte no ano [[1893]]. No Hospital Provincial realizou as prácticas como médico interno e foi nomeado médico rural de [[Rois]]. En [[1898]] casou en [[San Xulián, Pontecesures, Pontecesures|San Xulián de Requeixo]], [[Pontecesures]], con Isabel Domínguez. En [[1923]] foi nomeado director do Gran Hospital, do que foi cirurxián durante trinta anos. Co doutor [[Manuel Varela Radío|Varela]] funda en [[1908]] o [[Sanatorio Baltar]]. En [[1909]] viaxou a [[Berlín]] para observar as últimas técnicas da súa especialidade. En [[1915]] creou un laboratorio e deseñou aparellos.
 
Trala súa [[morte]] foi enterrado no cemiterio de Padrón. Na súa memoria creouse a Fundación Baltar, adicada a repartir bolsas a licenciados para estudos de [[cirurxía]] no estranxeiro<ref>Cun capital de 60 mil pesetas, os premiados debían comparecer perante un Tribunal para demostrar os suficientes coñecementos en cirurxía para poder optar a el. O importe do premio era de 1.896 pesetas (''La Universidad de Santiago (el pasado y el presente)'', de Ciriaco Pérez Bustamante e Sebastián González García-Pan; Santiago, 1934; páxinas 67 e 68).</ref>. O Concello de Padrón, en agosto de [[1947]] púxolle o seu nome a unha praciña, a Praza de Baltar.