Nieves Fariza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: AMULL; cambios estética
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Sobriña de [[Antón Alonso Ríos]]. Foi mestra na comarca de Celanova, onde amosou a súa oposición á Igrexa católica negándose a impartir clases de relixión. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] conseguiu escapar ao seu seguro asasinato. Ao rematar a guerra o seu marido morre de [[silicose]]. Enfrontouse cos empresarios de [[MZOV]] para esixirlles o pago de pensións ás viúvas dos carrilanos afectados pola silicose que carecían de seguridade social, polo que foi coñecida por «A desenterramortos». Tamén defendeu aos operarios do [[ferrocarril]] conseguindo a mellora das súas condicións salariais ao lograr que se lles aboase o desprazamento ata os seus postos de traballo, gañando o sobrenome de «A dos quilómetros». Foi denunciala por exercer de laboralista sen estar en posesión do título e condenada a [[prisión]]. Defendeuna o avogado ourensán Luís Pérez Colemán. Cando saíu en liberdade, obtivo a titulación requirida e abriu o consultorio social Adelante na rúa do Paseo de [[Ourense]] co que fora o seu avogado. O bufete tivo continuidade cando remataron as obras do ferrocarril nas sucursais que abriron noutros puntos de Galicia e na conca mineira asturleonesa.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{AMULLÁlbum de Mulleres|341}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Fariza Alonso, Nieves}}
 
[[Categoría:Mestres]]
[[Categoría:Nados en Cambados]]