Patricio Delgado Luaces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: AEMI; cambios estética
Liña 18:
'''Patricio Valentín Sisto Delgado Luaces''', nado en [[Mondoñedo]] o 6 de agosto de [[1850]] e finado na [[Habana]] o 25 de abril de [[1900]]<ref>[http://emigracion.xunta.gal/conecendo-galicia/aprende/biografia/patricio-delgado-luaces Lembranza de "Xan de Masma"]</ref>, foi un militante carlista e escritor galego, autor dunha das escasas novelas das letras galegas escritas no [[século XIX]]: ''A Besta!'', que presentou baixo o pseudónimo de '''Xan de Masma'''.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:La partida mindoniense de David Cornejo, fotografiada por Antonia de Santos.jpg|miniatura|esquerda|A partida mindoniense de David Cornejo.<ref>{{Versaleta|[[Eduardo Lence-Santar y Guitián|Lence-Santar y Guitián, Eduardo]]}}: [http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1002610&presentacion=pagina&posicion=88 "Carlistas prisioneros por la Guardia Civil…"] ''Almanaque gallego para: Año 1925''.</ref>]]
Escasos son os datos vitais sobre Delgado Luaces. Durante moito tempo coñeceuse a existencia da súa novela publicada con pseudónimo, citada xa na obra de [[Uxío Carré Aldao]] en [[1911]], e aínda que este alude a que coñece o nome do autor, prefire gardar o seu anonimato. Sería [[Xesús Alonso Montero]] quen dese as primeiras noticias certas sobre o autor nun artigo do ano 1970, desvelando o seu nome: ''Patricio Valentín Sisto Delgado Luaces'', que fora bautizado na cidade de [[Mondoñedo]] o [[6 de agosto]] de [[1850]], que fora capitán nunha partida [[Carlismo|tradicionalista]] que actuou durante a [[terceira Guerra Carlista]] nas terras mindonienses, por cuxa causa ingresaría como cativo no [[castelo de Santo Antón]] da cidade da [[A Coruña|Coruña]] (consonte datos posteriores sufriría cadea entre [[1875]] e [[1885]]); entéiranos, por último, de que colaboraba na revista cubana ''[[Follas Novas (A Habana)|Follas Novas]]'' e de que faleceu na Habana, posibelmente en marzo de 1900, segundo se deduce dunha necrolóxica inserida en ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'', de [[30 de marzo]] de [[1900]].
Liña 24:
Da lectura da propia novela, infírese que o autor estudou no [[Seminario de Mondoñedo|seminario conciliar]] da súa cidade natal; que coñecía a fondo o ambiente e as persoas de Mondoñedo e a súa comarca; que participou nas loitas políticas do último terzo do XIX (non só presenta a loita na comarca mindoniense, senón que demostra ter participado no propio País Vasco e Navarra); e que foi enviado a Cuba a loitar no [[exército español]] fronte os independentistas.
 
== A novela ==
Foi publicada a xeito de [[folletín]] na citada revista ''Follas Novas'', por entregas desde o [[29 de xaneiro]] de [[1899]] e até finais de [[decembro]] de [[1900]]. Trátase dunha obra moi extensa: 390 páxinas en folletín (unhas 260 na edición de 1993), que conforman a máis ampla das novelas galegas do XIX, e unha das máis extensas de toda a literatura galega
 
Liña 32:
[[Ficheiro:Patricio Delgado.jpg|miniatura|215px|Patricio Delgado. ''Xan de Masma''.]]
 
== A linguaxe da novela ==
Delgado Luaces posuía un rico vocabulario e unha variada fraseoloxía, procedentes dun galego sen dúbida bebido no mundo rural mindoniense. Con todo mostra coñecer a literatura que entón se facía, da que incorpora solucións que son alleas ao galego da súa zona. Porén a súa gramática transloce con frecuencia o amoldamento a estruturas do castelán, o que non debe por outra banda estrañar, dado que a súa educación letrada regular por forza fora nese idioma, e, sen dúbida, cando escribe, en Cuba, está inserido nun medio que non favorece a escrita doada e espontánea no que temos que supor o seu idioma materno.
 
== A difusión da novela ==
Ao ser publicada en folletín, en 187 números, e non ser publicada en volume, o espallamento da obra foi por forza restrinxido e, en principio só ao alcance dos lectores de "Follas Novas". Todo isto aclara o escaso coñecemento da mesma no mundo galego, a pesar de ser citada por Carré en 1911. Sen dúbida, Carballo Calero leu a novela ou ben conseguiu de alguén unha ampla información sobre a mesma por outra persoa. O caso foi que para o lector corrente toda a información sobre a mesma foi indirecta durante bastantes décadas.
 
Só en 1993, [[Modesto Hermida]] e [[Carme Hermida]] puideron publicala na [[editorial Galaxia]], cunha introdución literaria xeral (mais que non fornecía maiores datos sobre a vida do autor) e un comentario lingüístico. Porén a edición non é aínda completa, como confesa Modesto Hermida. Os editores bateron con tres tomos encadernados, mais, a pesar dos seus esforzos, non lograron localizar un hipotético IV tomo que contería a parte final, da que Carballo Calero tivo noticia ou viu directamente. A edición actual de "''A Besta!''" é, por desgraza, incompleta.
 
== Edicións ==
* Xan de Masma, ''A Besta!: novela de costumes gallegas''. A Habana. Rev. Follas Novas. 1899 - 1900.
* Xan de Masma, ¡A Besta!. Prólogo de Modesto Hermida e comentario lingüístico de Carme Hermida. Vigo. Ed. Galaxia. 1993 - ISBN 84-7154-857-7
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{Wikisource}}
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{Versaleta|[[Xesús Alonso Montero|Alonso Montero]]}}. ''Datos prá biografía de Xan de Masma, primeiro novelista social en galego'', ''[[Faro de Vigo]]'', 12/4/1970, incluído logo en ''Língua, literatura e sociedade en Galicia''. [[Ediciones Akal|Akal]]. 1977. ISBN 84-7339-273-6.
* {{Cita libro |autor={{Versaleta|Carballo, R.}} |ligazón-autor=Ricardo Carballo Calero |ano=1975 |anoorixinal=1963 |url=http://ecx.images-amazon.com/images/I/51UfTMqN4jL.jpg |título=Historia da Literatura Galega Contemporánea |editorial=Galaxia |páxinas=454-455, 508, 772, 781 |id=ISBN 84-7154-227-7}}
Liña 58:
* {{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor={{Versaleta|Dolores}} |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=1995 |título=Diccionario da Literatura Galega |volume=I |páxina=172 |editorial=[[Editorial Galaxia]] |ISBN=84-8288-019-5}}
=== Ligazóns externas ===
{{AEMIÁlbum da Emigración|168}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Delgado Luaces, Patricio}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]