Lingua friulana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4611672 de 81.173.177.130 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 30:
Actualmente a lingua conta con 720.000 falantes (''furlans''), principalmente na rexión italiana de [[Friúl-Venecia Xulia]], ademais de moitos friulanos que conservan a súa lingua na emigración, algúns deles instalados na rexión do delta do [[Río Danubio|Danubio]], en [[Romanía]], onde emigraron no [[século XIX]]. Esta variedade é a máis afastada das outras retorrománicas, até o punto de que algúns lingüistas lle negan toda conexión e a relacionan máis cos dialectos do [[Véneto]].
 
== IstoriaHistoria ==
As orixes da lingua friulana son bastante escuras. O gran acontecemento que formou a base da lingua foi a chegada dos [[Roma Antiga|romanos]], que no [[-181|181 a.C.]] fundaron a primeira colonia no Friuli, Aquilea. Establecéronse sobre un substrato lingüístico precedente, formado no seu maior parte pola lingua celta dos ''Carni''. A súa influencia sobre o latín de Aquileia é controvertida, pois nos epígrafes e inscricións da época só se achan modificacións a elementos fonéticos e morfosintácticos, comúns tamén a outras partes do imperio. A día de hoxe, as pegadas celtas máis evidentes áchanse na toponimia (topónimos acabados en ''-acco'' ou en ''-icco'', por exemplo), mentres que no léxico parece que o compoñente cárnico é pouco relevante, tal como o compoñente xermánico, provocado pola entrada en Italia dos [[longobardo]]s. Estas informacións levaron a algúns estudosos a supor que o friulano sexa consecuencia das migracións de poboacións do imperio, obrigadas a abandonar as rexións orientais como [[Panonia]] por mor da presión dos bárbaros. É interesante tamén o feito de que diferentes estudosos, baseándose nas inscricións achadas, argumentan que o límite oriental de penetración da poboación e a lingua dos [[véneto]]s foi o río [[río Livenza|Livenza]] (na época ''Liquentia''), que aínda en épocas recentes delimitou o límite lingüístico entre o friulano e o veneciano (hoxe en parte desprazada cara ao leste). Isto fai supor que a diferenciación entre as falas destas rexións sexa antiga.