Ateneo Ferrolán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Desde entón converteuse nun punto de referencia e consulta dentro do mundo cultural de [[Ferrol]] e en xeral de [[Galicia]]. Organiza actividades culturais de diversos eidos (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos...), acadando unha gran capacidade de convocatoria, sendo unha entidade que ofrece o seu espazo ás diversas entidades e asociacións que queiran dispoñer das súas instalacións.
 
O ateneo, como entidade sen fin de lucro, ocupa un dos primeiros lugares como dinamizador da cultura en [[Ferrol]], desenvolvendo as súas actividades a través das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Medio [[Ambiente]], Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións..., tentando dar resposta cultural ás necesidades da cidade e da [[comarca de Ferrol]]. As súas actividades desenvólvense en función dunha demanda social concreta ó servizo da cal orientamos os seus esforzos.
 
Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en [[lingua galega]], o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, en galego.
Liña 17:
 
* Certame Atenea de Teatro Infantil e Xuvenil.
* Certame Fotográfico sobre Medioo Ambiente.
* [[Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón]].
* Xornadas da Gaita.