Diferenzas entre revisións de «Os dous de sempre»

sen resumo de edición
 
Pedriño é moi preguizoso, e ten como única preocupación comer. Abandona os estudos por culpa do [[latín]], e malia que o [[cacique]] da vila lle consegue un emprego no concello, é expulsado por lambón. Porén, despois conséguelle un posto na administración de [[Facenda]], a cambio de 100 pesos que lle dá a tía. No novo posto, nunha cidade, non se sente cómodo, sendo branco das burlas dos compañeiros e do xefe. Con todo, coñece unha rapaza costureira coa que casa e ten un fillo. Non se leva ben coa sogra, e para evitar andar pola casa vai comer por tabernas cun compañeiro do choio, hábito que abandona ao se decatar de que deixa moitos cartos. Nunha ocasión pensa en ser infiel cunha amiga da muller, pero unha persoa anónima ameázao con avisar á sogra e éntralle o medo. Despois ten unha filla. Co paso do tempo, morren a tía Ádega e mais o cacique don Andrés.<br>
Logo de comezar a roubar pólizas, gastando os cartos en merendolas. Tras ser descuberto, marcha a [[Arxentina]], indo a traballar á Pampa cun curmán seu. Logo de fracasar como tendeiro e como pastor de [[ovella]]s, regresa á cidade. Alí abandónase á vida descoidada, até que un día, logo dun soño no que se lle presenta o [[diaño]], intenta asasinar a súa sogra cun [[coitelo]]. Desde ese momento dona Filomena comeza a respectalo, e conséguelle un traballo cómodo no concello.
 
Rañolas marcha como esmolante, e logo de practicar a [[picaresca]] polas [[feira]]s cunha parella, e de cruzar os [[Pireneos]] cun afiador ourensán, chega a [[Lourdes]]. Alí pasa un tempo aforrando cartos, e logo de pasar unha noite en [[Baiona, Francia|Baiona]], chega a [[París]]. Logo duns días vagueando e coñecendo a cidade, comeza a vender prensa. Logo dun encontro co afiador, éntralle [[morriña]], e pensa en regresar a Galiza para traballar de reloxeiro.<br>
10.315

edicións