Igrexa ortodoxa siríaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 2:
[[Ficheiro:DSCN2688 báculo do bispo siríaco de Xerusalén.JPG|miniatura|250px|dereita|Báculo do bispo siríaco de Xerusalén]]
{{Contén texto siríaco}}
A '''Igrexa Ortodoxa Siríaca de Antioquía''' (en {{lang-syc|ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܬܪܝܨܬ ܫܘܒܚܐ}}) é unha [[igrexa]] de [[credo]] [[Monofisismo|monofisita]], que se remonta nas súas raigames [[semitas|semíticas]] ao amencer do cristianismo, xa que a antiga [[patriarcado de Antioquía|Igrexa de Antioquía]] foi unha das igrexas que primeiramente se estabeleceron fóra de [[Palestina]] como unha Igrexa apostólica. Foi en [[Antioquía]] onde os seguidores de [[Xesús de Nazaret]] foron chamados cristiáns, tal como se relata nos [[Feitos dos Apóstolos]].
 
== Orixes ==
Segundo as máis antigas tradicións do cristianismo primitivo, a Igrexa de Antioquía é a segunda Igrexa establecida despois de [[Xerusalén]] e a súa preeminencia apostólica está fóra de toda dúbida. No ''Chronicon'' de [[Eusebio de Cesarea]] afírmase que o propio [[Pedro, papa|San Pedro]] se estableceu alí, fundando un bispado e sendo o seu primeiro bispo.
 
No século V, na cristiandade existían patriarcados en [[Alexandría]], [[Constantinopla]], [[Antioquía]] e [[Roma]]. Dende 1293, os patriarcas de Antioquía adoptaron o nome de Ignacio en honra de [[San Ignacio de Antioquía]], mártir do século II que deixou diversas cartas onde da testemuño do súa condución ao martirio.
 
No ano [[518]], o patriarcado foi obrigado a desprazarse a diversas localidades ata establecerse definitivamente no mosteiro de [[Dayro d-Mor Hananya]], tamén chamado Kurkmo Dayro, en Mardin, [[Turquía]] no século XIII. Tras as persecucións e matanzas de principios de século polos patriotas turcos e os kurdos, en 1957, refuxiouse en [[Damasco]]
Liña 21:
== Cisma ==
[[Ficheiro:DSC 1523 Catedral siríaca en Damasco.JPG|miniatura|250px|dereita|Catedral siríaca en Damasco]]
A Igrexa de Antioquía non aceptou o [[Concilio de Calcedonia]] (451); considerouno unha traizón aos concilios de [[Nicea]] e [[Éfeso]] e aliñouse coa Igrexa de Alexandría ([[Igrexa Ortodoxa Copta]]) na defensa da única natureza do Verbo Encarnado. A fe de calcedoniaCalcedonia que falaba de dúas naturezas en Cristo, foi considerada dualista. Antioquía, Alexandría e Armenia consideraron que se puña en cuestión a unidade da persoa de [[Xesús]], verdadeiro Deus e verdadeiro home. Denunciaron que se estaba perante unha recaída no [[nestorianismo]], a vella herexía nada en [[Bizancio]].
 
O [[Emperador]] apoiou o credo de Calcedonia, o que provocou o exilio dos bispos, incluído o [[Patriarca Mor Severius]] e a persecución dos fieis. Mor Siverius está considerado o ''Togho d-suryoye'', é dicir, ''Coroa dos Siríacos''. Será [[Xacobe Baradeus]] quen marque o renacer da Igrexa. Viaxou a Constantinopla onde se gañou o favor da Emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], filla dun sacerdote [[Pobo asirio|siríaco]]. Xacobe ordenou 2 bispos e centos de sacerdotes e diáconos. Desde que isto aconteceu, a Igrexa Siríaca celebra o 30 de xullo como o día de San Xacobe, conmemorando a súa morte en 578. De aí deriva o nome, non aceptado polos siríacos, de '''Igrexa Xacobita'''.