Apollo 16: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (4)
m Florida, Estados Unidos de América
Liña 22:
anterior = [[Apollo 15]]|
}}
O '''Apollo 16''' foi a décima misión tripulada do [[programa Apollo]] dos [[Estados Unidos]], a quinta e penúltima en aterrar na [[Lúa]] e a primeira en aterrar nas terras altas da mesma. A segunda das chamadas "missións J", estivo tripulada polo comandante [[John Young]], o piloto de módulo lunar [[Charles Duke]] e o piloto de módulo de mando [[Ken Mattingly]]. Foi lanzada dende o [[Centro Espacial Kennedy]] en [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] ás 17:54 UTC do 16 de abril de 1972, cunha duración de 11 días, 1 hora e 51 minutos, concluíndo ás 8:45 PM CET do 27 de abril dese mesmo ano.<ref name=overvw>{{Cita web|title=Apollo 16 Mission Overview|url=http://www.hq.nasa.gov/alsj/a16/a16ov.html|publisher=Apollo Lunar Surface Journal|accessdate=2 de decembro de 2011}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.nasm.si.edu/collections/imagery/apollo/as16/a16.htm |title=Apollo 16 (AS-511) Landing in the Descartes highlands |work=The Apollo Program |publisher=[[National Air and Space Museum]] |location=Washington, D.C. |accessdate=2 de decembro de 2011}}</ref>
 
John Young e Charles Duke estiveron 71 horas - pouco menos de tres días - na superficie lunar. Durante ese tempo realizaron tres actividades extra-vehiculares (EVA) ou camiñadas lunares, cunha duración total de 20 horas e 14 minutos. Conduciron o Vehículo de Exploración Lunar (''Lunar Roving Vehicle'', LRV), o segundo producido e usado na lúa, percorrendo con el 26.7&nbsp;km. Na superficie Young e Duke colleitaron 95.8&nbsp;kg de mostras lunares para traer á Terra, mentres que o Piloto do Módulo de Comando Ken Mattingly orbitaba no Módulo de Comando e Servizo (CSM), realizando observacións. Mattingly permaneceu 126 horas nas 64 revolucións en órbita lunar. Despois de que Young e Duke se reuniron con Mattingly na órbita Lunar, a tripulación liberou un [[Satélite artificial|subsatélite]] do Módulo de Servizo (SM). Durante a viaxe de regreso á Terra, Matingly realizou unha camiñada espacial para recuperar varios casetes do exterior do SM.<ref name="overvw"/><ref name=astronautix>{{Cita web|last=Wade|first=Mark|title=Apollo 16|url=http://www.astronautix.com/flights/apollo16.htm|publisher=Encyclopedia Astronautica|accessdate=26 de novembro de 2011}}</ref>