Apollo 12: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m Florida, Estados Unidos de América
Liña 22:
|anterior = [[Apollo 11]]
}}
O '''Apollo 12''' foi o sexto voo tripulado do [[Programa Apollo]] dos [[Estados Unidos]], e o segundo en aterrar na [[Lúa]]. Lanzouse o 14 de novembro de 1969 dende o [[Centro Espacial Kennedy]] en [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]], catro meses despois do [[Apollo 11]]. O comandante da misión [[Pete Conrad|Charles "Pete" Conrad]] e o piloto do [[módulo lunar]] [[Alan Bean|Alan L. Bean]] levaron a cabo un día e sete horas de actividade na superficie lunar mentres o piloto do módulo de mando [[Richard F. Gordon Jr.|Richard F. Gordon]] permaneceu na [[órbita]] lunar. O lugar de aterraxe da misión foi na porción sueste do [[Océano de Tormentas]].
 
Ó contrario que a primeira chegada á Lúa no Apollo 11, Conrad e Bean acadaron unha aluaxe precisa no lugar esperado, o lugar da misión non tripulada ''[[Surveyor 3]]'', que aluara o 20 de abril de 1967. No seu equipo levaron a primeira cámara de televisión a cor á superficie da Lúa nun voo Apollo, pero a transmisión perdeuse debido a que Bean destruíu accidentalmente a cámara ó apuntar con ela cara o Sol. Nun das dúas camiñatas lunares, visitaron o ''Surveyor'' e recolleron algunhas partes para levalas de volta á Terra. A misión rematou o 24 de novembro cunha [[amaraxe]] exitosa.