Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎Ampliación da frota: Florida, Estados Unidos de América
Liña 53:
Os movementos de Teach entre finais de 1717 e comezos de 1718 son descoñecidos. Xunto a Bonnet foron probabelmente responsábeis dun ataque á praza de [[San Eustaquio]], en decembro de 1717. Henry Bostock declarara ter escoitado os piratas planeando ir en dirección á [[Baía de Samaná]] na [[A Española|Hispaniola]], mais unha procura na zona non revelou ningunha actividade pirata. O capitán Hume do HMS ''Scarborough'' informou o [[6 de febreiro]] que un "navío pirata de trinta e seis canóns e douscentos e cincuenta homes, e unha corveta de dez canóns e cen homes estaban cruzando as [[Illas de Sotavento]]". Hume reforzou a súa tripulación armando os soldados con [[mosquete]]s e xuntouse co HMS ''Seaford'' para perseguir os piratas aínda que sen éxito, a pesar de discernir que dúas embarcacións piratas afundiran un buque francés na praza de [[Saint Kitts|Illa de Saint Kitts]], informando tamén que a última vez vírano "indo cara ao lado norte da Hispaniola". Malia non existir confirmación de que estes dous navíos estivesen controlados por Teach e Bonnet, o autor Angus Konstam cre que é moi probábel que estes fosen os seus navíos.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=124–126}}</ref>
 
En marzo de 1718, estando en augas da Illa Turneffe ao leste de [[Belize]], dous navíos avistaron unha corveta [[xamaica]]na, a ''Adventure'', en dirección ao porto da illa. A corveta foi detida e o seu capitán, David Harriot, foi convidado para se xuntar aos piratas. Harriot e súa tripulación aceptaron, e Teach enviou parte de súa tripulación para auxiliar o ''Adventure'', nomeando a [[Israel Hands]] como o seu capitán.<ref>{{Harvnb|Downey|2012|p=44}}</ref> Navegaron cara á [[baía de Honduras]], onde engadiron un navío e catro corvetas máis a súa frota.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=30–33}}</ref><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=127–128}}</ref> O 9 de abril, a nova frota saqueou e queimou o ''Protestant Caesar''. De seguido, navegaron cara ao [[Gran Caimán]] onde capturaron un pequeno barco tartaruga.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=36–37}}</ref> Despois probabelmente navegaron cara á [[A Habana|Habana]], onde poderían ter capturado unha pequena embarcación española que partía do porto [[cuba]]no. De alí partiron cara á costa oeste de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] e desembarcaron a tripulación española que fora capturada, para seguir posteriormente en dirección a [[Charleston, Carolina do Sur|Charleston]], atacando tres navíos durante o camiño.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|p=130}}</ref>
 
=== Bloqueo de Charleston ===