Os dous de sempre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
Logo de comezar a roubar pólizas, gastando os cartos en merendolas. Tras ser descuberto, marcha a [[Arxentina]], indo a traballar á Pampa cun curmán seu. Logo de fracasar como tendeiro e como pastor de [[ovella]]s, regresa á cidade. Alí abandónase á vida descoidada, até que un día, logo dun soño no que se lle presenta o [[diaño]], intenta asasinar a súa sogra cun [[coitelo]]. Desde ese momento dona Filomena comeza a respectalo, e conséguelle un traballo cómodo no concello.
 
Rañolas marcha como esmolante, e logo de practicar a [[picaresca]] polas [[feira]]s cunha parella, e de cruzar os [[Pireneos]] cun afiador ourensán, chega a [[Lourdes]]. Alí pasa un tempo aforrando cartos, e logo de pasar unha noite en [[Baiona, Francia|BayonneBaiona]], chega a [[París]]. Logo duns días vagueando e coñecendo a cidade, comeza a vender prensa. Logo dun encontro co afiador, éntralle [[morriña]], e pensa en regresar a Galiza para traballar de reloxeiro.<br>
Cos cartos aforrados, vai a un [[cirurxía|cirurxián]] para que lle corte as pernas e lle instale unhas [[prótese (medicina)|próteses]]. Despois monta a reloxería, e comeza a frecuentar a [[burguesía]] da vila. Porén, logo de ler ''[[A conquista do pan]]'' de [[Piotr Kropotkin|Kropotkin]] e ''Les Ruines'' de [[Volney]], devén en [[anarquismo|anarquista]]. Incómodo coa que entende como a súa [[escravitude]] en mans do capital, decide [[suicidio|suicidarse]], facendo estourar unha [[Bomba (explosivo)|bomba]] na súa casa, deixando escrito na parede a palabra '''¡PROTESTO!'''.