Superfamilia das inmunoglobulinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
| PDB =
}}
A '''superfamilia das inmunoglobulinas''' ('''IgSF''') é unha gran [[superfamilia de proteínas]] da superficie celular e solubles que están implicadas nos procesos de recoñecemento, unión ou [[adhesión celular|adhesión]] das [[célula (bioloxía)|células]]. As moléculas son categorizadas como membros desta superfamilia baseándose nas características estruturais compartidas coas [[anticorpo|inmunoglobulinas]] (ou anticorpos); todas posúen un dominio chamado [[dominio de inmunoglobulina|dominio ou pregamento de inmunoglobulina]]. Os membros da IgSF inclúen os receptores de [[antíxeno]]s da superficie celular, [[correceptor]]es e moléculas [[coestimulación|coestimulatorias]] do [[sistema inmunitario]], moléculas implicadas na [[presentación de antíxenos]] a [[linfocito]]s, [[molécula de adhesión celular|moléculas de adhesión cellar]], certos receptores de [[citocina]]s e as proteínas musculares intracelulares. Están normalmente asociadas con funcións no [[sistema inmunitario]]. A proteína Izumo específica do esperma e membro da superfamilia das inmunoglobulinas, foi tamén identificada como a única proteína da membrana do espermatozoide esencial para a fusión entre [[óvulo]] e [[espermatozoide]].
 
== Dominios de inmunoglobulina ==