Diferenzas entre revisións de «Aristarco de Samos»

m
Etiqueta: edición de código 2017
== Cálculo das distancias Terra, Lúa, Sol ==
 
Perante un eclipse lunar Aristarco calculou o tempo que tardaba a Lúa en percorrer a sombra que proxectaba a Terra na superficie luar, resultando ser a metade do tempo que duraba o eclipse. Polo tanto o diámetro da Lúa era de unhas dúas veces o diámetro da sombra da Terra, tamén calculou que a Lúa tardaba arredor de unha hora en saír da sombra da Terra, deducindo de tal xeito que a Lúa recorre nunha hora unha distancia equivalente ao seu diámetro. Como xa era coñecido na época que a Lúa tarda 29,5 días en completar unha órbita arredor da Terra, calculou a órbita da Lúa en diámetros lunares segundo a formula 29,5 días x 24 horas = 708 diámetros. Con estes datos na súa man calculou mediante trigonometría que o radio da Terra é 2,85 veces o radio da Lúa (en realidade o calculo real é de 3,66 veces). Sabendo o radio, calculou la distancia Terra - Lúa aplicando os resultados anteriores, deulle unha distancia Terra-Lúa de 225,4 radios lunares, unhas 79 veces o radio da Terra, (a distancia media real á Lúa é de 60 radios terrestres). Aristarco tamén tentou calcular a distancia Terra - Sol, dándolle unha distancia de 19 veces a distancia Terra-Lúa, o cal é errado.<ref>{{Cita web|url=http://multiblog.educacion.navarra.es/lcordonm/files/2013/12/Aristarco.pdf|apelidos=Mélendez Sánchez|nome=Juan|páxina-web=http://multiblog.educacion.navarra.es|título="Como midió Aristarco la Luna y el SolSo"|data-acceso=07/01/2018}}</ref>
A pesar do erro nos seus cálculos, o mais salientable foi que no século III a. C. fose quen de calcular as distancias Terra-Lúa-Sol baseándose en observacións astronómicas ou experimentais, ademais tamén demostra o seu profundo coñecemento dos eclipses solares é lunares.
Outros astrónomos como Tolomeo ou Arquímedes volverán a facer os mesmos cálculos cos seus propios datos experimentais.
2.389

edicións