Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Södermanlands_läns_vapen.png" que foi borrado en Commons por Steinsplitter. Motivo: per c:Commons:Deletion requests/File:Södermanlands läns vapen.png
Sen resumo de edición
Liña 59:
Pertencente á [[Unión Europea]] dende o [[1 de xaneiro]] de [[1995]], é o terceiro estado membro máis grande dela e o quinto de [[Europa]], que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte dos suecos vive na parte sur do país, vivindo ademais o 85% deles en zonas urbanas. A capital é [[Estocolmo]], sendo ademais a cidade máis poboada, chegando aos dous millóns de habitantes na súa [[área metropolitana]]. As dúas seguintes cidades máis poboadas son [[Gotemburgo]] e [[Malmö]].
 
Os habitantes de Suecia gozan dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección dodos medio ambiente[[ecosistema]]s e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador de [[ferro]], [[cobre]] e [[madeira]], ademais na década de [[1890]], a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha gran industria manufactureira. No [[século XX]] foi clasificada constantemente entre os países con mellor [[Índice de Desenvolvemento Humano]], ocupando en [[2007]] o [[Lista de países por Índice de Desenvolvemento Humano|sétimo posto]] a nivel mundial.
 
== Etimoloxía ==
Liña 75:
Un intento [[Imperio Romano|dos romanos]] por tentar levar o seu imperio máis aló dos ríos [[Rin]] e [[río Elba|Elba]] foi abortado no ano [[9|9 d.C.]], cando os xermanos derrotaron ás lexións romanas baixo o mando de Publio Quintilio Varo cando os emboscaron na [[Batalla da fraga de Teutoburgo]]. Ao redor desta época houbo un gran cambio en materia de cultura en Escandinavia, resultado dun maior contacto cos romanos. A comezos do [[século II]], gran parte do chan cultivado ao sur de Suecia foi dividido en lotes con bardas pequenas feitas de pedra. Dun lado do muro estarían os sembradíos permanentes e prados para a forraxe de inverno, mentres do outro estaría o bosque e a terra que era usada para pastar o gando. Esta división da terra foi usada até o [[século XIX]]. O período romano tamén viu a primeira gran expansión da agricultura cara á costa norte do [[mar Báltico]].
 
Suecia entra á protohistoria co libro ''[[Xermania (libro)|Xermania]]'' de [[Publio Cornelio Tácito|TacitoTácito]] no ano [[98]]. Aínda que a pouca información que reporta sobre esta distante área foi atopada como incerta, fai mención de varias tribos como os swedes (''suiones'') e os [[Pobo saami|saamis]] de séculos posteriores. En canto á [[escritura]] en Suecia, o [[alfabeto rúnico]] foi inventado entre a elite do sur de Escandinavia no [[século II]], mais todo o que chegou ao presente do período romano, son breves inscricións en artefactos, principalmente nomes masculinos, pondo en evidencia que os pobos do sur de Escandinavia falaban [[Nórdico antigo|proto-nórdico]] naquela época, unha linguaxe do que se derivou o sueco e outras [[linguas nórdicas]].
 
=== Época viquinga e Idade Media ===
Liña 126:
Entre [[1970]] e [[1990]] case tódolos impostos foron elevados máis do 10%, e o crecemento foi moi lento comparado coa maioría dos países de [[Europa Occidental]]. O imposto de límite de ingresos para os traballadores alcanzou a máis do 80% e o gasto público superou a metade do [[PIB]] nacional, á vez que a súa política económica era cuestionada polos economistas clásicos.<ref name="svensteinmo" />
 
A principios da década de [[1990]] Suecia caeu nunha crise fiscal. A resposta do goberno foi reducir os gastos e instituirinstituír unha serie de reformas para impulsar a competitividade de Suecia, entre as que se atopaban reducir o estado de benestar sueco e privatizar bens e servizos públicos. As reformas permitíronlle entrar á [[Unión Europea]], á cal Suecia pertence dende o [[1 de xaneiro]] de [[1995]], aínda que sen adoptar o [[euro]], mantendo a [[coroa sueca]] como a súa moeda nacional.
 
Actualmente Suecia é un dos países con máis alto [[Índice de Desenvolvemento Humano]], atopándose entre o vinte economías máis grandes do mundo. Suecia tamén adoita participar en operacións militares internacionais, incluíndo [[Afganistán]], onde as tropas suecas están baixo o mando da [[OTAN]]; e na Unión Europea apoiando operacións das "forzas de paz" en países como [[Kosovo]], [[Bosnia e Hercegovina]] e [[Chipre]]. Ademais, varias empresas suecas exportan armamento que é utilizado polo exército estadounidense en [[Iraq]].<ref>[http://www.thelocal.se/article.php?IDE=3013&dáche=20060207 Novas Armas Suecas en Iraq]</ref>
Liña 135:
Situada no [[Europa do Norte|norte]] de [[Europa]], Suecia limita ao leste co [[Mar Báltico]] e o [[Golfo de Botnia]], dándolle ao país unha longa liña costeira, que forma a parte este de a [[península Escandinava]]. O país mide 1.600&nbsp;km ao longo e 500 ao ancho. Na zona oeste atópanse os [[Alpes|Alpes escandinavos]] (en [[lingua sueca|sueco]]: ''Skaderna''), os cales forman unha fronteira natural con [[Noruega]], cubertos de neves eternas, nos que ademais teñen a súa orixe infinidade de fluxos de auga que cruzan o país de oeste a leste.
 
A altitude mínima de Suecia atópase na baía do Lago Hammarsjön, preto de Kristianstad con 2,41 metros baixo o nivel do mar. A altitude máxima do país está no monte [[Kebnekaise]] con 2.111 m de [[altitude]]. No centro do país concéntranse os lagos, sendo o Vättern e o Vänern os máis extensos de Suecia, sendo este útlimoúltimo o lago máis grande do norte de Europa e o terceiro máis grande do continente europeo, despois dos lagos Ladoga e [[Lago Onega|Onega]] en [[Rusia]].
 
Con 449.964&nbsp;km², Suecia é o [[Lista de países por superficie|57° país máis grande do mundo]], sendo o quinto máis grande de Europa e o máis grande de [[Europa do Norte]]. Ao nordés limita con [[Finlandia]], ao suroeste cos estreitos de [[Skagerrak]], [[Kattegat]] e [[Öresund]]. Ademais, posúe límites mariños con [[Dinamarca]], [[Alemaña]], [[Polonia]], [[Rusia]], [[Lituania]], [[Letonia]] e [[Estonia]], estando conectada con Dinamarca pola [[ponte de Oresund]]. [[Gotland]] e [[Öland]] son as dúas maiores illas de Suecia, inda que hai ademais unha grande cantidade de illas máis pequenas como as que forman a capital, [[Estocolmo]].