Nudez na arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Romanticismo: arranxiño
Liña 125:
===== Romanticismo =====
{{Artigo principal|Romanticismo}}
Movemento de profunda renovación en todos os [[Tema artístico|xéneros artísticos]], os románticos puxeron especial fincapé no terreo da espiritualidade, da imaxinación, a fantasía, o sentimento, a evocación ensoñadora, o amor á natureza, xunto a un elemento máis escuro de irracionalidade, de atracción polo [[ocultismo]], a tolemia, o soño. O espido romántico é máis expresivo, outórgase máis importancia á cor que á liña da figura -ao contrario ca no neoclasicismo-, cun sentido máis dramático, en temáticas que varían desde o exótico e o gusto polo [[orientalismo]] até os temas máis puramente románticos: dramas, traxedias, actos heroicos e apaixoadosapaixonados, sentimentos exacerbados, cantos á liberdade, á pura expresión do interior do ser humano.<ref name="século XIX"/>
 
Dacabalo entre o neoclasicismo e o romanticismo sitúase a obra de [[Jean Auguste Dominique Ingres]], cuxas figuras atópanse a medio camiño entre a sensualidade e a preocupación pola forma pura, cun certo aire gótico (peitos pequenos, estómagos prominentes). A súa obra máis famosa é ''[[O baño turco]]'' (1862), que supuxo a culminación dos estudos que durante toda a súa vida dedicou ao espido.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1996|pp=151-157.}}</ref> [[Eugène Delacroix]] foi un prolífico artista que realizou numerosas obras de espido, de temática moi diversa, dende a relixiosa, mitolóxica, histórica e literaria, até as escenas de xénero ou o espido en por si; para Delacroix calquera pretexto era bo para mostrar a beleza física, como na alegoría de ''[[A Liberdade guiando ao pobo]]'' (1830).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|pp=285-287.}}</ref> En escultura, [[François Rude]] evolucionou do neoclasicismo ao romanticismo, en obras de gran forza expresiva onde xogaba un papel protagonista o espido, con figuras colosais que traducen na súa anatomía o dinamismo da acción, como na súa principal obra, ''A Marsellesa'' (1833). Igual proceso estilístico denotou [[Jean-Baptiste Carpeaux]], con figuras de intenso dinamismo, como ''O conde Ugolino e os seus fillos'' (1863).<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Aguilera|1972|p=279-280.}}</ref>