Diferenzas entre revisións de «Historia de Ourense»

sen resumo de edición
(inicio)
 
 
[[Image:Puente romano.jpg|thumb|300px|right|Ponte romana de Ourense]]
 
== Ourense pre-romano ==
 
É moi pouca, ou case nula, a información que se ten desta etapa histórica da cidade. Existen hipóteses que sitúan o emplazamento nos exteriores da actual cidade, ben nas ladeiras de Montealegre, ou no pobo de [[Canedo, Ourense|Tarascón]].
 
== A ''Auriense'' ==
 
Bautizada polos romanos como "A ciadade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha das máis importantes cidades da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño.
 
[[Image:Xardíns das Burgas II.JPG|thumb|250px|left|Xardíns das Burgas]]
 
A cidade naceu arredor do manantial das [[As Burgas|Burgas]] (nome derivado do latín ''Burca'' que significa ''pila''). Dende ese emplazamento foronse construíndo as Termas, das cales quedan restos no actual conxunto da fonte das Burgas.
 
Nun destes manantiais parecéronselle a [[Calpurnia Abana Aeboso|Calpurnia]] as [[Ninfas]] das augas, ás cales adicu unha ''ara'' que se atopa no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
 
Durante esta época, o asentamento de ''Auriense'', constituía un centro secundario da rede de estradas romanas no que se conectaban vías procedentes do sur, e a estrada que comunicaba con [[Astorga]]. Polo norte saían dúas estradas que a comunicaban con [[Lugo]] e [[Iria Flavia]].
 
Para salvar o [[río Miño]] construíron a ponte romana, da cal na actualidade, só se conserva un arco, xa que a ponte foi sometida a varios procesos de reconstrucción ao longo da historia.
 
== A cidade xermánica ==
 
O cristianismo chegou a [[Galicia]] no [[século III]], pero a entrada dos bárbaros ([[século V]]) non favoreceu o seu desenvolvemento. Pero a predicación de Martín Dumiense ([[século VI]]) na zona de Ourense e na Corte sueva, fixo que estes se converteran ao Catolicismo, deixando o arrianismo.
[[Image:Catedral Ourense.jpg|thumb|250px|right|A Catedral de Ourense]]
Esa conversión ao catolicismo, pode estar relacionada cun milagre que San Martin de Tours lle fixo ao fillo do rei suevo Carriarco. Despois de curalo, o rei, agradecido con San Martín, edificou unha igrexa que se identifica cunha primitiva que se levantaba nun solar da actual Santa María Nai.
 
A cidade sueva adquire entón grande importancia dentro do reino. Só quedan oito columnas conservadas na actual fachada da Santa María Nai, que poden evidenciar a presenza desa igrexa.
 
A invasión dos musulmáns tamén afectou ás terras de Ourense, que son arrasadas por frecuentes e devastadoras incursións musulmás. A parte de isto, súmaselle un periodo escuro que vai a durar varios séculos.
 
Os reis asturianos, intentaron a restauración da cidade, en especial Afonso III, que promoveu a resturacion e repoboación da cidade no [[século IX]], con efectos non moi duradeiros.
 
== O renacer da cidade ==
 
En [[1071]], comeza a restauración de finitiva da man de Sancho II, que pon á fronte da diócese ao bispo Ederonio. Con este bispo comeza a renacer a cidade, levantando sobre as runias do antigo templo suevo, unha nova igrexa. Esta igrexa e o único testimonio que nos queda desa época da cidade.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
683

edicións