Diferenzas entre revisións de «Biblia Kennicott»

sen resumo de edición
{{CADC}}
[[Ficheiro:Kennicott Bible.jpg|350px|miniatura|dereita|Dúas das páxinas completamente ilustradas da Biblia Kennicott nunha edición facsímile.]]
A '''Biblia de Kennicott''', ás veces denominada '''Primeiraprimeira Biblia de Kennicott''',<ref name="Gerli">{{Cita libro |url=https://books.google.es/books?id=QlpKAgAAQBAJ&pg=PA115&dq=kennicott+bible&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwic19bE6L3SAhVGvxQKHXY2A8wQ6AEIVjAJ#v=onepage&q=kennicott%20bible&f=false |título=Medieval Iberia. An Encyclopedia |editor=Michael Gerli |páxina=115 |editorial=Routledge |lugar=Londres |ano=2003 |lingua=en |isbn=0-415-93918-6}}</ref> é unha copia manuscrita da [[Biblia hebrea]] escrita na cidade da [[Coruña]] en [[1476]],<ref>{{Cita web|url=http://www.biblias.com.es/2014/04/la-biblia-de-kennicott-y-la-importancia.html|páxina-web=biblias.com|título=La Biblia de Kennicott y la importancia de la tradición hebrea en España|data-acceso=04-01-2018}}</ref> sendo un dos manuscritos iluminados máis exquisitos que se coñecen en [[lingua hebrea]];<ref>{{Cita web |url=https://busc.wordpress.com/2015/06/08/a-biblia-de-kennicott-na-busc/ |título=O facsímile da Biblia de Kennicott na BUSC |editorial=Blog da Biblioteca Universitaria da Santiago de Compostela |dataacceso=20 de xaneiro de 2017}}</ref> está considerado como unha das obras cume da ilustración medieval,<ref name="Voz"/> e mesmo o manuscrito [[sefardí]] máis luxosamente ilustrado do [[século XV]].{{Harvnp|Kogman-Appel|2004|p=212}} O manuscrito foi redactado na cidade da [[Coruña]] polo calígrafo [[Moisés Ibn Zabarah]] e iluminado por [[Joseph Ibn Hayyim]] e foi descuberto no [[século XVIII]].{{Harvnp|de Antonio Rubio|2006|pp=219-20}} É considerado por algúns, como o historiador [[Carlos Barros]], o manuscrito relixioso máis importante da [[Idade Media en Galicia|Idade Media galega]].<ref name="barros">{{Cita web |url=http://agai-galicia-israel.blogspot.com.es/2007/08/biblia-kennicott-por-carlos-barros.html |título=A BIBLIA KENNICOTT. Unha biblia xudía na Galicia do século XV |nome=Carlos |apelidos=Barros |ligazónautor=Carlos Barros |dataacceso=2 de xuño de 2017 |editorial=AGAI}}</ref>
 
O manuscrito recibe o seu nome de [[Benjamin Kennicott]], un cóengo da catedral da Igrexa de Cristo de [[Oxford]] ([[Inglaterra]]), que mercou o manuscrito á [[Biblioteca Radcliffe]], de onde foi transferido á [[Biblioteca Bodleian]] en [[1872]].{{Harvnp|de Antonio Rubio|2006|pp=219-20}}<ref>{{Cita web |url=http://www.biblias.com.es/2014/04/la-biblia-de-kennicott-y-la-importancia.html |título=La Biblia de Kennicott y la importancia de la tradición hebrea en España |editorial=biblias.com |dataacceso=20 de xaneiro de 2017 |lingua=es}}</ref>
Non se coñece con exactitude cando chegaron e se estableceron na cidade da [[Coruña]] persoas xudías, mais o primeiro documento da presenza hebrea data de 1375. A xudaría coruñesa foi medrando rapidamente ao longo da [[Baixa Idade Media]]. Pénsase que logo das persecucións que o pobo xudeu sufriu en Castela, un gran número de persoas xudías se refuxiou en [[Galicia]] en xeral, e na cidade herculina en particular. Sábese que a comunidade xudía coruñesa comerciaba con Castela e Aragón, e que en [[1451]] contribuíron ao rescate da xudaría de [[Murcia]] cunha elevada suma de cartos,<ref>{{Cita web |url=http://sefardies.es/ficha_localidades.php?id=1 |título=A Coruña |editorial=Centro de Documentación y Estudios Moisés de León |obra=Biografías |dataacceso=31 de marzo de 2017 |lingua=es}}</ref> o que podería demostrar a prosperidade da comunidade.
 
A chamada Biblia de Kennicott foi redactada na cidade da Coruña en 1476, pouco antes da [[expulsión dos xudeus de España]]. Na época, a cidade herculina contaba cunha próspera comunidade xudía que, segundo [[Cecil Roth]], era unha das comunidades hebreas máis ricas da [[península Ibérica]], posuíndo varias Bibliasbiblias en hebreo, entre as cales cita a [[Biblia de Cervera]].{{refn|group=lower-alpha|A Biblia de Cervera foi realizada na localidade [[Provincia de Lleida|ilerdense]] de [[Cervera]] e encóntrase depositada na [[Biblioteca Nacional de Portugal]], en [[Lisboa]].<ref>{{Cita web |url=https://www.wdl.org/es/item/14158/ |título=Biblia de Cervera |lingua=es |editorial=Biblioteca Digital Mundial |dataacceso=2 de xuño de 2017}}</ref>}} Amais da prosperidade económica, a comunidade xudía herculina tiña unha relevante actividade cultural, destacando a maior escola de iluminadores hebreos de [[Europa]],<ref>{{Cita libro |apelidos=González López |nome=E. |título=La escuela de iluminadores hebreos en la Coruña: Su labor: La Biblia Kennicott iluminada y en hebreo |lugar=A Coruña |ano=1987 |lingua=es}}</ref> entre os que salientou a mediados do [[século XV]] [[Abrahán Ibn Hayyim]], que era considerado o mestre máis distinguido do continente na arte de mesturar cores para iluminar manuscritos e que realizou un dos libros máis empregados en Europa a finais da [[Idade Media]] e nos inicios do [[Renacemento]], o ''Tratado del arte de mezclar colores''.<ref>{{Cita libro |apelidos=González López |nome=E. |título=Tesouro de arte galego: a Biblia en hebreo da Universidade de Oxford |editorial=Grial |ano=1967 |páxina=197}}</ref> A fama dos artistas iluminadores coruñeses queda patente na obra de Roth ''The Jews in the Renaissance'', na que cita os xudeus coñecidos máis importantes nesta arte en Europa, se ben explica:<ref>{{Cita libro |nome=Cecil |apelidos=Roth |título=The Jews in the Renaissance |lugar=[[Filadelfia]] |ano=1959 |páxina=207 |lingua=en}}</ref>
 
{{Cita centrada|Desgraciadamente o labor destes artistas (os xudeus iluminadores de manuscritos) ficou en xeral anónima en Italia. Coñecemos algúns iluminadores españois desta época, como Joseph Ibn Hayyim, que produciu a soada Biblia Kennicott, da Universidade de Oxford; e algúns alemáns moi competentes, como Joel ben Simon, autor de belos códices.|autor=Cecil Roth}}
== Historia ==
[[Ficheiro:Kennicott Bible 305r.l.jpg|275px|miniatura|dereita|Folio 305r da Biblia Kennicott.]]
En [[1476]] Isaac, un prateiro xudeu da Coruña fillo do falecido Salomón de Braga, encargou unha Bibliabiblia iluminada ao escriba [[Moisés Ibn Zabarah]],<ref>{{Cita web |url=http://sefardies.es/ver_biografias.php?id_biografia=2300 |título=Braga, Salomón de |editorial=Centro de Documentación y Estudios Moisés de León |obra=Biografías |dataacceso=30 de xaneiro de 2017 |lingua=es}}</ref> quen viviu na cidade herculina xunto coa súa familia por conta do seu patrón durante os dez meses que se prolongou o seu traballo escribindo dous folios diarios.<ref name="ibnzabarah">{{Cita web |url=http://sefardies.es/ficha_biografias.php?id=9425 |título=ZABARAH, MOISéS IBN. |editorial=Centro de Documentación y Estudios Moisés de León |dataacceso=30 de marzo de 2017 |lingua=es}}</ref> Pola súa banda, o traballo de iluminación do manuscrito foi encomendado a [[Joséph ibn Hayyim]], un dos poucos iluminadores dos que se lembra o nome e do que só se ten constancia de que asinara esta obra.{{refn|group=lower-alpha|Aos xudeus non lles estaba permitido pertencer a gremios de artesáns, polo que non se ten moita información sobre os iluminadores xudeus.<ref name="uarizona"/>}}<ref>{{Cita web |url=http://oxfordindex.oup.com/view/10.1093/gao/9781884446054.article.T045208 |título=Joseph ibn Hayyim - illuminator |editorial=[[Oxford University Press]] |dataacceso=30 de marzo de 2017 |lingua=en |nome=Thérèse |apelidos=Metzger |obra=Grove Art Online}}</ref> Segundo o catedrático Cecil Roth, o encargo da Bibliabiblia puido ter sido motivado pola presenza na cidade herculina da chamada Biblia de Cervera, que era propiedade da familia xudía coruñesa Mordechai cando menos dende [[1375]]; o historiador británico suxeriu:{{Harvnp|de Antonio Rubio|2006|p=222}}<ref name="barros"/>
 
{{Cita centrada|na segunda metade do século XV, Isaac, fillo de Dondon Salomón di Braga, teríaa visto e ambicionouna. Sendo incapaz de adquirila, tería encargado outro códice con aínda máis ricas ilustracións e seguindo as súas mesmas directrices, a dous artistas excepcionalmente competentes.}}
 
A presenza da Biblia catalá na Coruña demóstrase pola anotación do rexistro de nacemento na cidade herculina de Samuel, fillo de Mordechai, no seu folio 450v. Outro nacemento, desta volta de Judá Ibn Mordechai, rexistrado no folio 451v, seguramente é da mesma familia. Non se pode asegurar que a Biblia de Cervera permanecese na cidade cando Isaac encargou a Biblia Kennicott, mais parece posible que aínda permanecese na Coruña 37 anos despois, cando Isaac de Braga podería tela visto e encargado un exemplar similar.{{Harvnp|de Antonio Rubio|2006|p=222}}
 
Coñécese a data exacta e o lugar de finalización da Bibliabiblia e a identidade de quen a mandou realizar da man do propio calígrafo, que nun longo colofón (folio 438r) afirma que rematou o traballo "na cidade da Coruña, na provincia de Galicia no noroeste de España, o mércores día terceiro do mes de Ab no ano 5236 da Creación", isto é o 24 de xullo de [[1476]], e afirma ser o único responsable do texto completo dos 24 libros da Biblia: copiouna, engadiu as notas de vocalización, escribiu todas as notas do ''massorah'' e contrastouna cun exemplar exacto da Bibliabiblia, corrixindo o seu texto. Ibn Zabarah declara tamén no colofón que a escribiu para o:{{Harvnp|de Antonio Rubio|2006|pp=219-20}}
 
{{Cita centrada|... admirable novo Isaac, fillo do falecido, honorable e querido Dondon Salomon di Braga (que descanse en paz a súa alma no Xardínxardín do Edén)}}
 
A sinatura en [[1492]] do [[Decreto da Alhambra]], que obrigaba a abandonar os territorios das [[Coroa de Castela|coroas de Castela]] e [[Coroa de Aragón|Aragón]] ou converterse ao [[cristianismo]],<ref>{{Cita web |url=http://www.sephardicstudies.org/decree.html |título=The Edict of Expulsion of the Jews |editorial=Foundation for the Advancement of Sephardic Studies and Culture |dataacceso=31 de xaneiro de 2017}} Transcrición do Decreto da Alhambra. {{en}}</ref> fixo que Isaac de Braga tivese que abandonar España, se ben probablemente non tivo que deixar o país rapidamente, xa que levou a Bibliabiblia con el. Para protexer o manuscrito encargou un estoxo para o seu transporte que podía ser pechado con chave, levando o nome en hebreo ''Yzahak''. As referencias a este estoxo son as últimas referencias que se teñen do exemplar en mans xudías, perdéndose a súa pista durante case 300 anos,{{Harvnp|de Antonio Rubio|2006|p=222}} e o último que se sabe do seu propietario é que abandonou a cidade da Coruña en [[1493]] por mar coa axuda de armadores e oficiais reais, levándose xunto coa Biblia uns 2&nbsp;500&nbsp;000 [[marabedí]]s.<ref>{{Cita web |url=http://sefardies.es/ficha_biografias.php?id=5106 |título=Isaac |editorial=Centro de Documentación y Estudios Moisés de León |obra=Biografías |dataacceso=31 de xaneiro de 2017 |lingua=es}}</ref> Con todo, pode trazarse un posible percorrido dende a cidade herculina cara ao [[norte de África]], e finalmente a [[Xibraltar]], onde sería adquirida polo comerciante [[Escocia|escocés]] Patrick Chalmers.<ref name="polonsky"/>
[[Ficheiro:Duke Humfrey's Library Interior 2, Bodleian Library, Oxford, UK - Diliff.jpg|miniatura|esquerda|300px|O manuscrito orixinal está depositado na Biblioteca Bodleian da [[Universidade de Oxford]], [[Inglaterra]].]]
Os seguintes datos que se teñen do libro datan de xuño de [[1770]], cando o hebraísta e cóengo, estudante da Biblia e bibliotecario da [[Radcliffe Library]] de [[Oxford]] [[Benjamin Kennicott]], suxeriu aos administradores da biblioteca que a posesión dun manuscrito da Biblia hebrea podía darlle maior prestixio á Biblioteca, e informounos de que tiña un manuscrito nas súas mans "moi elegante e finamente iluminado", e que estaba á venda. O libro chegara ás mans de Kennicott por medio do conde de Panmure, a quen o seu propietario, Patrick Chalmers, lle confiara que a adquirira en [[Xibraltar]].<ref name="polonsky">{{Cita web |url=http://bav.bodleian.ox.ac.uk/news/the-kennicott-bible |título=The Kennicott Bible |editorial=Bodleian Libraries and Biblioteca Apostolica Vaticana |obra=Polonsky Foundation Digitalization Project |ano=2013 |dataacceso=31 de xaneiro de 2017 |lingua=en}}</ref> Finalmente, segundo o libro de actas dos administradores de Radcliffe, en Oxford mercaron "un manuscrito hebreo do Antigo Testamento" o día 5 de abril de [[1771]] a Chalmers.{{Harvnp|de Antonio Rubio|2006|pp=219-20}} Durante pouco máis de cen anos a Biblia Kennicott permaneceu en Radcliffe, ata en [[1872]] foi transferida á [[Biblioteca Bodleian]] de Oxford.<ref name="polonsky"/> Na Biblioteca de Oxford foi catalogada co nome de Kennicott en honor ao cóengo que a descubrira 100 anos antes para servirse do seu texto hebreo.{{Harvnp|González López|1967|pp=198}}
{{Cita centrada|Non existe ningún interese por representar con certa convicción e si con convención, quizais porque Isaac de Braga non foi un comitente especialmente puntilloso nin Joseph ibn Hayyim un miniaturista de grande oficio. O seu repertorio zoolóxico e teriomórfico é froito da adecuación das fórmulas de raizame altomedieval ao talante grotesco dos séculos tardíos.|autor=Gerardo Boto (tradución do orixinal).}}
 
Os debuxos que presenta o manuscrito combinan motivos [[Islam|islámicos]], [[Cristianismo|cristiáns]] e populares, e conta con 24 encabezados de libros canónicos, 49 ''[[parashá]]'', 27 páxinas de arcadas e profusamente iluminadas enmarcando o texto do ''[[Sefer Mikhlol]]'', nove páxinas de alfombra, e 150 encabezados de [[salmo]].<ref>{{Cita web |url=http://www.historyofinformation.com/expanded.php?id=4245 |título=The Kennicott Bible, the Most Lavisly Illuminated Hebrew Bible to Survive from Medieval Spain |dataacceso=23 de febreiro de 2017 |editorial=historyofinformation.com |lingua=en}}</ref> É frecuente a utilización do recurso de moldear o corpo de animais a xeito de letras, unha tradición antiga que xa fora formulada nos ''scriptoria'' merovinxios a finais do [[século VIII]], e que reaparece neste manuscrito.<ref name="malaga">{{Cita publicación |url=http://www.uma.es/media/files/BA28.pdf |publicación=Boletín de Arte |editorial=Departamento de Historia del Arte de la Universidad de Málaga |número=28 |ano=2007 |issn=0211-8483 |lingua=es |páxina= |título=“Monerías” sobre pergamino. La pintura de los márgenes en los códices hispanos bajomedievales (1150-1518) |nome=Gerardo |apelidos=Boto |páxinas=47-48}}</ref> A decoración baséase en gran variedade de modelos do pasado, entre eles a propia Biblia de Cervera. Outro trazo característico da Biblia Kennicott, e que comparte tamén coa Biblia de Cervera, é a inclusión de ilustracións narrativas e figurativas. Deste xeito, os dous ilustradores rompen coa tradición antifigurativa característica das Bibliasbiblias sefardís.{{Harvnp|Kogman-Appel|2004|p=212}}
 
En xeral, a arte do manuscrito é profundamente mudéxar que bebe do plateresco hispánico, o que se pon de manifesto especialmente nos arcos separados por unha soa columna que enmarcan as distintas páxinas do ''Sefer Mikhlol'' que introduce o texto bíblico, sendo cada aximez distinto e un modelo orixinal de arte mudéxar hispánica.{{Harvnp|González López|1967|pp=200-201}} Con todo, a Biblia Kennicott non recibiu unicamente influencias sefardís. Sheila Edmunds atopa conexións dos motivos zoomorfos do manuscrito coas ilustracións dos [[naipe]]s de [[Europa central]], concretamente aos producidos durante o [[século XV]] nos territorios da actual [[Alemaña]] e os [[Países Baixos]], que foron moi populares e influíron considerablemente na iluminación de manuscritos. Edmunds sinala especialmente a presenza destes elementos na decoración do texto de Kimhi e nos elaborados ''parashás'' do corpo da Bibliabiblia. Segundo Edmunds, Ibn Hayyim tivo acceso aos modelos alemáns polos contactos comerciais que existían entre Alemaña e a comunidade xudía coruñesa ou o patrón que encargou o manuscrito.{{Harvnp|Kogman-Appel|2004|p=213}}
 
[[Ficheiro:447r.jpg|miniatura|esquerda|250px|Letras zoomorfas e antropomorfas na Biblia Kennicott.]]
10.315

edicións