Diferenzas entre revisións de «Max Fleischer»

sen resumo de edición
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios)
Fleischer tivo a idea de usar fotogramas de cine capturados da realidade para usalos como referencia para debuxar animación, e así patentou o [[rotoscopio]] en [[1917]]. Usou esta técnica xunto ao seu irmán Dave no seu primeiro ''cartoon'' en [[1915]]. En [[1919]] estableceu os [[Fleischer Studios]] para producir debuxos animados e curtametraxes xunto aos seus irmáns [[Dave Fleischer|Dave]] e Joe Fleischer.
 
Inventou o ''rotógrafo'' para agregar debuxos animados en películas reais. A súa invención baseábase nos procesos estereóticos, construídos por [[John Burks]], no cal se utilizaban recortes de escenarios de cartón montados nunha mesa xiratoria, onde se colocaban os debuxos. Fixo os primeiros debuxos animados con son da historia en [[1924]] usando un proceso de sincronización de [[Lee De Forest]]. Aínda que a [[The Walt Disney Company|compañía Disney]] adxudícallo á súa curta ''Steamboat Willie'', que foi realizada anos máis tarde. En [[1933]], os Fleischer Studios formaron contrato co [[King Features Syndicate]] (xigante empresa da banda deseñada), para producir os deseños animados do ''[[Popeye]]'', e para o lanzamento de ''Betty Boop''. Mais tarde, en [[1941]], os Fleischer Studios asinaron contratos coa [[DC Comics]], para a produción de debuxos animados de [[Superman]]. Produciron as longametraxes ''Gulliver's Travels'' e ''Mr. Bug Goes to Town'', e as curtas do Popeye: ''Popeye meets AliBaba and the Forty Thieves'', ''[[Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor]]'' e ''Popeye and His Wonderful Lamp''.
 
En [[1942]], cando os seus fundadores Max, Dave e Joe Fleischer se retiraron, a [[Paramount Pictures]] comprou os Fleischer Studios, mudando o seu nome para Famous Studios (creadora dos ''Harveytoons''), tendo como propietarios os antigos animadores de Fleischer: Seymour Kneitel e Isadore Sparber. O Famous Studios produciu animación até [[1967]], como novos episodios do Popeye e Superman, os Harveytoons, Little Lulu de Marge e os ''Puppetoons'' de George Pal. En [[1960]], os Famous Studios mudou o seu nome para Paramount Cartoon Studios até que en [[1967]] fechou as súas portas, coa adquisición da Paramount pola [[Gulf-Western]]. Max morreu o 11 de setembro de 1972, aos 89 anos, en Los Angeles.
226.373

edicións