Animais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (3)
Liña 48:
Os animais levan a cabo as seguintes funcións esenciais: alimentación, respiración, circulación, excreción, resposta a estímulos, movemento e reprodución:
 
* '''Alimentación.''' A maioría dos animais non poden absorber comida: inxírena. Os animais evolucionaron de diversas maneiras para alimentarse. Os [[herbívoro|fitófagos]] comen plantas, os [[carnívoro]]s comen outros animais, e os [[omnívoro]]s aliméntanse tanto de plantas como de animais. Os [[detritívoro]]s comen materia vexetal e animal en descomposición. Os comedores por filtración son animais acuáticos que inxiren minúsculos organismos que flotan na agua, filtrándoos. Algúns animais tamén poden establecer [[simbiose|relacións simbióticas]], nas que dúas especies viven en estreita asociación mutua. Un caso especial é o [[parasitismo]]; un [[parasito]] é un organismo que vive dentro ou sobre outro organismo, o [[hóspede|hospedeiro]]; o parasito aliméntase do hospedeirohóspede, e o dana.<ref name="miller">Miller, Kenneth (2004): ''Biología''. Prentice Hall. ISBN 0-13-115538-5.</ref>
* '''Respiración.''' Non importa se viven na agua ou en terra, todos os animais respiran; isto significa que poden tomar [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] e despedir [[dióxido de carbono]]. Grazas aos seus corpos moi simples e de delgadas paredes, algúns animais utilizan a difusión destas substancias a través da [[pel]]. Porén, a maioría dos animais, para poderen aumentar o seu tamaño corporal, tiveron que evolucionar para dotarse de complexos tecidos e sistemas orgánicos para a respiración.<ref name=miller />
* '''Circulación.''' Moitos animais acuáticos pequenos, como algúnosalgúns vermes, utilizan só a difusión para transportar oxíxeno e moléculas de nutrientes a todas as súas células, e recoller delas os produtos de refugallo. A difusión basta porque estes animais apenas teñen un espesor de unhas poucas células. Porén, os animais máis grandes posúen algún tipo de [[sistema circulatorio]] para desprazar substancias polo interior dos seus corpos.<ref name=miller />
* '''Excreción.''' Un produto de refugallo primario das células é o [[amoníaco]], substancia velenosa que contén [[nitróxeno]]. A acumulación de amoníaco e outros produtos de refugallo poderían matar ao animal. A maioría dos animais teñen un [[excreción|sistema excretor]] que ben elimina amoníaco ou ben o transforma nunha substancia menos tóxica que se elimina do corpo. Grazas á eliminación dos refugallos [[metabolismo|metabólicos]], os sistemas excretores axudan a manter a [[homeóstasehomeostase]]. Os sistemas excretores varían desde células que bombean auga fóra do corpo até órganos complexos como os [[ril]]es.<ref name=miller />
* '''Resposta a estímulos.''' Os animais usan células especializadas, chamadas [[neurona|células nerviosas]], para responder ás variacións do seu [[medio ambiente]] que os rodea. Na maioría dos animais, as células nerviosas están conectadas entre si para formaren un [[sistema nervioso]]. Algunhas células chamadas receptores, captan sons, luz e outros estímulos externos. Outras células nerviosas procesan a información recibida e determinan a resposta do animal. A organización das células nerviosas dentro do corpo cambia profundamente dun filofillo a outro.<ref name=miller />
* '''Movemento.''' Algúns animais adultos permanecen fixos nun lugar determinado, aínda que a maioría teñen mobilidade. Porén, tanto os fixos como os máis veloces normalmente posúen [[músculo]]s ou [[tecido muscular|tecidos musculares]] que se acurtan para xerar forza. A contracción muscular permite que os animais móbiles se despracen, moitas veces en combinación cunha estrutura chamada [[esqueleto]]. Os músculos tamén axudan aos animas, mesmo aos máis sedentarios, a comer e bombear auga e outros líquidos fóra do corpo.<ref name=miller />
* '''Reprodución.''' A maioría dos animais reprodúcense sexualmente mediante a produción de [[gameto]]s [[haploide]]s. A [[reprodución sexual]] favorece que se produza [[diversidade xenética]] nunha poboación. Por conseguinte, axuda a mellorar a capacidade dunha especie para evolucionar cos cambiosdos do medio ambiente[[ecosistema]]s. Moitos [[invertebrados]] tamén poden reproducirse asexualmente. A [[reprodución asexual]] dá orixe a descendentes xenticamente idénticos aos proxenitores; pero esta forma de reprodución permite que os animais aumenten rapidamente en cantidade.<ref name=miller />
 
== Clasificación (subreinos e filos) ==