Activision: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 28:
=== Serie Call of Duty ===
{{Artigo principal|Call of Duty (serie)}}
[[Ficheiro:CallofDutyLogo.svg|miniatura|265px|Logo da serie de videoxogos]]
Call of Duty é unha serie de [[Videoxogo|videoxogos]] pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do [[Ordenador|PC]], pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles. A maior parte dos xogos están ambientados durante a [[segunda guerra mundial]]. Activision é o propietario da franquía e é a empresa que xestiona a creación e distribución das entregas. As versións para Mac son responsabilidade de [[Aspyr Media]]. A maioría dos xogos foron programados por [[Infinity Ward]] e [[Treyarch]]. Noutras versións colaboraron: Gray Matter Interactive, Spark Unlimited, Pi Studios, Amaze Entertainment, Rebellion Developments, e n-Space. En máis dunha ocasión, os estudos compartiron motores gráficos, como ocorre en [[Call of Duty 4: Modern Warfare]] e [[Call of Duty: World at War]]. Outras empresas adícanse á creación de xoguetes e bandas deseñadas relacionadas con Call of Duty. Cara novembro de 2009 as vendas globais ascendían a 55 millóns de unidades aproximadamente.