Templo de Santalla de Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Estrutura: Homónimo
Liña 30:
As pinturas da bóveda son un dos elementos máis característicos do templo e constitúen un conxunto mural único na península. Representan diversas aves encadradas nun fondo cuadriculado con motivos vexetais estilizados. Entre a aves representadas están [[faisán]]s, [[perdiz|perdices]], [[pomba]]s, [[galiña|galos]] e [[ganso]]s, nalgún caso comendo piñas ou acios de uvas.
 
No fondo da nave ábrese a [[ábsida]], na que se ve unha porta, construída posteriormente ó templo, pola que se ascendía á planta alta. Nas paredes laterais da nave ábrense dúas [[fornelanicho|fornelas]]s e, na parede frontal, a ámbolos lados da porta, ábrense dúas pequenas ventás con arcos de descarga triangulares.
 
Nos [[perpiaño]]s da fachada pódense ver diversos [[Relevo (escultura)|relevos]] moi erosionados e de dubidosa interpretación. En dous represéntanse dous grupos de cinco mulleres danzantes con cadanseu arco floral entre dúas columnas; noutros dous perpiaños represéntase unha soa figura tamén cun arco floral. Outro relevo representa dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Outro, un animal que algúns identifican cun león. Finalmente, noutro hai unha ave -que algúns interpretan como unha avestruz- sobre unha pértega.