Anticomunismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Is this tomorrow.jpg|miniatura|200px|Capa da banda deseñada propagandística "Is this tomorrow", editada en 1947 pola Catechetical Guild Educational Society.]]
O '''Anticomunismo''' é a oposición ao [[comunismo]]. Historicamente, a palabra ''comunismo'' foi empregada para referirse a varios tipos de organización social e os seus partidarios, mais, dende mediados do [[século XIX]], a corrente dominante do comunismo no mundo foi o [[Marxismomarxismo]]. O comunismo marxista conseguiu moitos máis seguidores e opoñentes que todas as demais formas de comunismo xuntas. Así mesmo, o termo ''anticomunismo'' emprégase principalmente para referirse á oposición activa ao comunismo marxista.
 
O marxismo, e a forma de comunismo asociado a el, acadou a súa notoriedade no século XX. O anticomunismo organizado desenvolveuse como reacción á crecente popularidade do movemento comunista, e adoptou moitas formas ao longo do século XX. Os [[Monarquismo|monárquicos]] [[ConservadurismoConservadorismo|conservadores]] [[Europa|europeos]] loitaron contra a primeira onda de [[Revolución proletaria|revolucións comunistas]] dende [[1917]] a [[1922]]. O [[fascismo]] e o [[nazismo]] baseáronse nunha forma violenta de anticomunismo; incitaban o medo á revolución comunista para obter poder político, e tentaron destruír o comunismo na [[segunda guerra mundial]]. Os [[Nacionalismo|nacionalistas]] loitaron contra os comunistas en numerosas guerras civís por todo o mundo. Tanto o [[conservadorismo]] como o [[liberalismo clásico]] conformasen gran parte das políticas exteriores anticomunistas das potencias occidentais, e dominaron o pensamento intelectual anticomunista na segunda metade do século XX.
 
Trala [[Revolución de Outubro]] en [[Rusia]], o comunismo marxista quedou principalmente vencellado á [[Unión Soviética]] na imaxinación pública (aínda que había moitos marxistas e comunistas que non apoiaban á Unión Soviética e as súas políticas).<ref>http://archive.is/20120628234410/findarticles.com/p/articles/mi_m1510/is_1987_Fall/ai_5151511 The emerging left wing in the Soviet Union</ref> Como resultado, o anticomunismo e a oposición á Unión Soviética fixéronse practicamente indistinguibles, especialmente en política exterior. O anticomunismo foi un elemento importante na política exterior das [[Potencias do Eixo]] durante os anos 30 ([[Pacto Antikomintern]]) e dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o [[Reino Unido]], o [[Xapón]], [[Corea do Sur]], [[Australia]], o [[Canadá]], [[Israel]], e outros países capitalistas durante a [[guerra fría]].