Bipartidismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 9:
 
==Historia do Bipartidismo==
O bipartidismo tradicional nace tras a [[Revolución Francesa]]. Con maior ou menor éxito, foron sendo implantados intermitentemente na Europa [[parlamento]]s bipartidistas nos cales se presentaran sempre dous bloques opostos: [[ConservadurismoConservadorismo|conservadores]] e [[Liberalismo|liberais]]. Os primeiros tentaban sempre conservar os privilexios da [[nobreza]] e da [[aristocracia]], mentres os segundos pretendían equiparar os dereitos da [[burguesía]]. Houbo varios momentos así, por exemplo, en [[Inglaterra]], en [[España]] e no [[Brasil]].
 
En todos eses sistemas, o pobo (aínda [[analfabetismo|analfabeto]] en gran medida) permaneceu incapaz de influenciar no [[poder político]]. Coa chegada do [[marxismo]], o bipartidismo foi roto na maioría das democracias europeas, xa que unha terceira forza social, a masa obreira ou [[proletariado]], pasou a esixir representación. O sufráxio feminino, na virada do século XIX para o XX, tamén contribuíu para desagregar aínda máis o mapa político europeo. A tendencia en case todos os países era a de modernizar os seus sistemas para ter en conta a nova realidade social e, sobre todo, para evitar que houbese máis [[revolución]]s proletarias.