Paisaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Paisaxe''' (extensión de terreo que se ve dende un sitio), é un concepto que se emprega de xeito diferente por varios [[campos de estudo]], aínda que todos os usos do termo levan implícita a existencia dun [[Suxeito (filosofía)|suxeito]] [[observador]] e dun [[obxecto]] observado (o [[Espazo xeográfico|terreo]]) do que se destacan fundamentalmente as súas calidades [[visual|visuais]] e [[Espazo (física)|espacial|espaciais]].
 
A paisaxe, concibida como unha compoñente do [[medio ambiente]], é obxecto de [[área protexida|protección]] por parte de diversas leis e institucións nacionais e internacionais ([[UNESCO]] e [[Consello de Europa]]).
 
A '''paisaxe''', dende o punto de vista xeográfico, é o [[obxecto]] de estudo primordial e o [[Documentos para o estudo da Xeografía|documento xeográfico básico]] a partir do cal se fai a [[xeografía]]. En xeral, enténdese por paisaxe calquera área da [[Relevo terrestre|superficie terrestre]] produto da [[interacción]] dos diferentes factores presentes nela e que teñen un reflexo visual no [[espazo (física)|espazo]]. A paisaxe xeográfica é por tanto o aspecto que adquire o [[espazo xeográfico]]. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas. Toda paisaxe está composta por [[elemento dun conxunto|elemento]]s que se artellan entre si. Estes elementos son basicamente de tres tipos: [[abiótico]]s (elementos non vivos), [[biótico]]s (resultado da actividade dos seres vivos) e [[Antropoxénico|antrópico]]s (resultado da actividade humana). Determinar estes elementos é o que constitúe o primeiro nivel da [[Metodoloxía|análise]] xeográfica.
 
Na [[bioloxía]], algúns conceptos empregan o termo '''paisaxe'''.{{cómpre referencia}}
 
A '''paisaxe''', dende o punto de vista [[Arte|artística]], sobre todo [[arte de paisaxes|pictórico]], é a [[mapa|representación gráfica]] dun terreo extenso. Co mesmo significado utilízase o termo ''país'' (non debe confundirse co concepto político de ''[[país]]''). A paisaxe tamén pode ser o obxecto material a crear ou modificar pola arte mesma.