Ágata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
amplío a páxina con material traducido procedente de es:Ágata
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
A '''ágata''' é un conxunto de variedades microcristalinas de [[cuarzo]], concretamente variedades de [[calcedonia]] que presenta vetas de diferentes [[cor]]es que aparecen porque en cada zona a estrutura e as inclusións na calcedonia varía.<ref>[http://www.minsocam.org/MSA/collectors_corner/arc/silicanom.htm THE NOMENCLATURE OF SILICA] {{en}}</ref><ref>[http://mineralesdelmundo.com/agata/ Ágata - Usos y propiedades {{!}} MINERALES DEL MUNDO] {{es}}</ref>
 
A ágata atópase en rochas volcánicas e o seu tamaño pode variar desde milímetros ata varios metros. Caracterízase por presentar unha serie de bandas concéntricas de cores similares, opacos e translúcidos, que lembran o corte dun tronco de árbore en sentido circular. Pode adoptar diversas formas e presentarse en moitas variedades. É unha rocha dura e resistente aos reactivos químicos.
 
Caracterízase por presentar unha serie de bandas concéntricas de cores similares, opacos e translúcidos, que lembran o corte dun tronco de árbore en sentido circular. Pode adoptar diversas formas e presentarse en moitas variedades. É unha rocha dura e resistente aos reactivos químicos.
 
Existen algunhas variedades, que en realidade son calcedonias con distintas inclusións, como ágata dendrítica, ágata musgosa, ágata de paisaxe, [[ónix]] ou ónice, ágata de fogo sardónix ou sardónica, ónix negro, ágata azul acivro, entre outras. Reciben estes nomes polas cores e debuxos que forman as súas bandas.<ref>{{cita web |título=Cuarzo o sílice criptocristalino |dataacceso=19 de maio de 2012 |url=http://www.uned.es/cristamine/gemas/grupos/silice/silicript.htm |obra=Crista-Mine}}</ref>