Edda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
traducido da wiki castelá
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2007 ás 10:28

As Eddas son coleccións de historias relacionadas coa mitoloxía nórdica. Con ese nome coñécense dúas recopilacións literarias islandesas medievais que xuntas forman o corpus máis importante para coñece-la mitoloxía nórdica.

Eddas

Éstas son partes fragmentarias dunha antiga tradición escáldica de narración oral (actualmente perdida) que foi recopilada e escrita por eruditos que preservaron unha parte destas historias.

As escolmas son dúas: A Edda prosaica (coñecida tamén como Edda menor ou Edda de Snorri) e a Edda poética (tamén chamada Edda Maior ou Edda de Saemund).

Na Edda poética recopiláronse poemas moi antigos, de carácter mitolóxico e heroico, realizada por un autor anónimo caraa o ano 1250.

A Edda de Snórri foi composta por Snorri Sturluson (1179-1241) cara os anos 1220 ou 1225. Esta Edda non está formada por poemas xa que está escrita en prosa. Con esta Edda o poeta e guerreiro islandés Snorri tentaba, axudar á formación de poetas no estilo tradicional escáldico, unha forma de poesía que data do século IX, moi popular en Islandia.

Existe un número de teorías referentes á orixe do termo Edda. Unha teoría sostén que é idéntica á palabra que parece significar "a grande avoa" (véxase Ríg). Outra teoría argumenta que Edda significa "poética". Unha terceira teoría estipula que significa "O libro de Oddi", onde Oddi é o lugar onde Snorri Sturluson foi educado.

Ligazóns externas

ru-sib:Меньша Едда