Ceres (planeta anano): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Estado: correxindo texto
m →‎Nome: correxindo texto
Liña 21:
 
== Nome ==
A suxestión orixinal de Piazzi foi chamalo Ceres Ferdinandea (en [[lingua italiana|italiano]] Cerere Ferdinandea), como honra tanto para a figura mitolóxica da deusa romana Ceres como para o rei Fernando das Dúas Sicilias. "Ferdinandea" non foi aceitábelaceptábel para outras nacións do mundo e foi tirado do nome orixinal. Tamén se lle chamou [[Hera]] un breve tempo na [[Alemaña]]. En [[lingua grega|grego]] é chamado Δήμητρα ([[Démeter]]), que é a deusa grega equivalente á romana Ceres, en [[Lingua galega|galego]] Démeter é o nome doutro asteroide (1108 Démeter). A forma adxectiva de Ceres en galego sería ''cerereano'' ou ''cereriano'' (do acusativo latino ''Cererem''). O seu símbolo astronómico é a [[fouce]]. O [[Elemento químico|elemento]] [[Cerio]] tamén debe o seu nome a Ceres, así como a palabra ''[[cereal]]'', mesmo o elemento [[Paladio]] foi inicialmente chamado polo planeta anano, mais o descubridor mudou este nome após o descobrimentodescubrimento do Cerio (Paladio ven de [[Palas]], outro asteroide).
 
== Estado ==
A clasificación de Ceres cambiou mais dunha vez e foi asunto de bastante desacordo. Bode acreditaba ser Ceres o "planeta perdido" que propuxera a existir entre Marte e Xúpiter, a 419 millóns de km do Sol. Asignóuselle un símbolo planetario, e permaneceu nas listaxes dos libros e táboas de [[astronomía]] como un planeta (xunto con 2 [[Palas]], 3 [[Xuno]] e [[4 Vesta]]) case durante a metade dun século até que se descobriran moitos máis asteroides.
 
Porén, cando tantos outros obxectos no cinto ianían sendo descobertosdescubertos, foi ficando claro que Ceres era o primeiro dunha clase de moitos corpos similares. Herschel alcumounos en 1802 co termo [[asteroide]] ("semellante a unha estrela"), escribindo "eles lembran pequenas estrelas tanto que dificilmente se os pode dexergar delas, mesmo con moi bonsbos telescopios". Como foi o primeiro, déuselle o número 1 Ceres baixo o moderno sistema de numeración de asteroides.
 
O debate de 2006 arredor de [[Plutón]] e a definición de "[[planeta]]", levou Ceres para ser (re)considerado para reclasificalo como un planeta. Unha proposta perante a [[Unión Astronómica Internacional]] (IAU, International Astronomical Union) para a definición de planeta era "un corpo celeste que (a) ten masa abonda para a súa auto-gravidade vencer as forzas de corpo ríxido de tal xeito que toma un equilibrio hidrostático (isto é, é aproximadamente esférico) e (b) está en órbita dunha estrela, e non é nennin outra estrela nennin satélite doutro planeta". De ser esta a resolución aprobada, Ceres tornaría ser o quinto planeta. Mais non foi aceite, e a definición aprobada (24 agosto 2006) acrecentaba o punto (c): "limpou (desaloxou de corpos de tamaño comparábel) a súa veciñanza nos arredores da súa órbita". Así, Ceres non é un planeta, pois partilla a súa órbita cos milleiros doutros asteroides no cinto principal, e é hoxe clasificado como "[[planeta anano]]" (xunto a [[Plutón (planeta anano)|Plutón]], [[Makemake (planeta anano)|Makemake]], [[Haumea (planeta anano)|Haumea]], [[Eris (planeta anano)|Eris]] e outros). O punto de se Ceres continúa a ser un asteroide non foi debatido. Clasificacións duplas como "cometas do cinto principal" existen de feito, e ser un planeta anano non excluíu ter outras designacións.
 
A misión [[Dawn]] da NASA determinou no ano 2017 que a superficie de Ceres esta formada por unha mistura de rochas, xeo, sal e clatratos, e conten restos dun océano xeado de hidratos de [[clatrato]], unha gaiola de moléculas de auga que rodean unha molécula de gas, esta configuración é de cen a mil veces mais forte que o xeo de auga, pero ten a mesma densidade.<ref>{{Cita web|url=https://dawn.jpl.nasa.gov/news/news-detail.html?id=6982|páxina-web=dawn.jpl.nasa.gov|título=Dawn Finds Possible Ancient Ocean Remnants at Ceres|data-acceso=29/12/2017}}</ref> A misión Dawn foi estendida indefinidamente pola NASA situando a sonda nunha orbita estable arredor de Ceres, polo que continuará orbitando a Ceres aínda que quede sen combustible.